10 de out. de 2022

A GUARDA

ROBERTO JOSÉ ÁLVAREZ CARRERO (PORTAVOZ DO GRUPO DO PARTIDO POPULAR): “A PISCINA MUNICIPAL  DA GUARDA PODERÍA PECHAR O 31 DE OUTUBRO DE 2022, POLA INOPERANCIA DE ANTONIO LOMBA, MONTSERRAT MAGALLANES E O SEU SOCIO DE GOBERNO ANXO LOIS BAZ” 


Roberto José Álvarez Carrero, portavoz dos populares, xunto a piscina municipal de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 “A empresa que xestiona a piscina municipal da Guarda anuncia que deixará de prestar servizo aos usuarios o día 31 de outubro de 2022, ao finalizar a prórroga da concesión, salvo que iníciese a elaboración dun novo concurso de xestión ao que presentarse”, segundo vén de facer público Roberto José Álvarez Carrero (portavoz do grupo municipal do Partido Popular no Concello de A Guarda).

 En palabras de Álvarez Carrero: “A finalización do servizo prorrogado da Piscina Municipal é coñecido dabondo polo alcalde, Antonio Lomba, o seu socio de goberno, o Bloque de Anxo Lois Baz, e a concelleira de deportes, Montserrat Magallanes, desde o ano 2019 cando ambos pactaron o famoso goberno de coalición. Con todo nada fixeron nin uns nin outros para remediar esta situación e atopámonos a menos de 20 días para o termo do servizo sen visos de solución momentánea. Iso pode conlevar o peche da Piscina Municipal ata que se solucione o conflito con prexuízos para usuarios e traballadoras da empresa que se poderían quedar sen continuidade nos seus postos de traballo, salvo que se adxudique un novo contrato a algunha empresa, ou o concello asuma os postos de traballo para non pechar o servizo”. 

 Roberto José A. Carrero afirma que “a concesionaria da piscina municipal, a empresa TRANSGALÁICA, S.L., cuxo servizo se adxudicou por período de 8 anos, renunciou expresamente ao ano 2020 a outra posible prórroga por catro anos máis pero o alcalde e os seus socios de goberno, a pesar de que tiveron tempo dabondo, nada fixeron para remediar esta situación.” 

 Os populares engaden: “Agora a última noticia que temos do grupo de goberno é que están a traballar niso sen poder precisar datas, o que demostra, como de costume, unha desidia e inoperancia manifesta”; por iso é polo que o grupo municipal popular “inste o grupo de goberno apoiado polos seus socios de goberno e investidura, o BNG de Anxo Lois Baz, que remedien esta situación de incerteza para usuarios e traballadoras de maneira urxente” 

Ningún comentario:

Publicar un comentario