A Guarda acolleu o curso de formación europeo ACMIT
Os participantes (de España, Albania, Alemaña, Bulgaria, Xeorxia, Italia, Portugal, Polonia e Turquía) reuníronse para explorar como aplicar a Teoría das Intelixencias Múltiples
Infogauda / A Guarda
20 persoas de 8 países distintos participaron na nosa vila, no curso de formación ACMIT organizado pola asociación guardesa FOCO, no concello de A Guarda. Neste curso, os participantes de España, Albania, Alemaña, Bulgaria, Xeorxia, Italia, Portugal, Polonia e Turquía reuníronse para explorar como aplicar a Teoría das Intelixencias Múltiples combinada con actividades teatrais para facilitar a avaliación de competencias.
Este curso está cofinanciado pola Unión Europea a través do programa Erasmus+ e conta coa colaboración da Xunta de Galicia e o Concello de A Guarda. Durante este curso, ademais de realizar actividades teatrais para cada unha das intelixencias, visitaron o castro do monte Santa Trega e recibiron a visita do alcalde Antonio Lomba e demais membros do equipo de goberno, quen lles deu a benvida á Guarda.
Teoría das Intelixencias Múltiples
Howard Gardner creou esa teoría nos anos 80 do século XX. Distingue oito tipos de intelixencia (lingüística, espacial, lóxico-matemática, naturalista, corporal-kinestésica, musical, intrapersonal, interpersoal). O novo punto clave no concepto de intelixencia é que todos os tipos de intelixencia son equivalentes e participan na construción da imaxe intelectual xeneral do individuo.
O tipo de intelixencia vén determinado polo conxunto de habilidades biolóxicas do individuo para resolver problemas que non están directamente relacionados, é dicir, unha persoa pode ser moi capaz nun tipo e completamente incapaz noutro tipo de intelixencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario