O Camiño Portugués da Costa, fío condutor do Obradoiro de Emprego
• O Concello de A Guarda continúa traballando cara á promoción e mellora do tramo do Camiño Portugués da Costa que pasa pola vila, un indubidable revulsivo que está provocando un gran desenvolvemento económico e posibilita a desestacionalización do turismo.
Infogauda / A Guarda
A ruta xacobea do Camiño Portugués pola Costa vén sendo un dos nosos mellores recursos turisticos e está constituíndo, sen dúbida, un factor clave á hora de desestacionalizar o turismo. A afluencia de peregrinos/as prodúcese durante todo o ano, incluso durante aqueles períodos nos que tradicionalmente son considerados temporada baixa para o turismo.
É evidente que o Camiño Portugués pola Costa xera movemento económico e sinerxías. Grazas a esa ruta xacobea visítannos persoas que consumen no sector servizos (comercio local, restauración, hostalería,...). Por todo isto "desde o Concello de A Guarda continúase apostando firmemente por fomentar a súa promoción e a mellora das contornas polas que transcorre."
Desde o goberno municipal de A Guarda indican tamén: "Froito desa aposta nace o proxecto de obra que se desenvolverá este ano no Obradoiro de Emprego e que estará centrado en mellorar diversos puntos do Camiño ao seu paso pola Guarda. Levaranse a cabo actuacións a nivel de obra, xardinería e forestal en varias zonas de Camposancos, na zona dos Seixiños, baixada á Fedorento, etc.
Estas intervencións permitirán embelecer, aínda máis se cabe, estes espazos e, sen dúbida, mellorar a experiencia dos peregrinos e peregrinas que nos visitan para que a súa viaxe pola nosa terra resulte unha experiencia inolvidable."

Ningún comentario:
Publicar un comentario