11 de out. de 2022

PATRIMONIO

PALCO DA MÚSICA DE MONDARIZ-BALNEARIO: UN BEN PATRIMONIAL NUN INXUSTIFICABLE ABANDONO




Aspecto que presenta o palco da música de Mondariz - Balneario
Fotos: Infogauda

Ferriños / Mondariz-Balneario

 Desde fai anos, de cando en vez, achegámonos ata Mondariz-Balneario, un concello constituído como tal o día 30 de novembro de 1924, ostentando desde entón o título de «Moi Hospitalaria Vila», concedido polo monarca Alfonso XIII e o xeneral Miguel Primo de Rivera y Orbaneja, en agradecimiento ao bo trato que os veciños lle deparaban nas súas frecuentes visitas a esa Vila termal.

 Mondariz-Balneario é un concello que conta cunha poboación de 618 habitantes (Datos do Instituto Nacional de Estadística, en 2018).

 Desde o 15 de xuño de 2019, en que foi constituída a actual corporación municipal, formada por catro concelleiros do PP e tres do BNG, o alcalde é José Antonio Lorenzo Rodríguez.

 Para non extendernos en datos que non son o motivo principal desta crónica, iremos sen máis preámbulos a indicar que o centenario palco da música, ubicado no complexo do Gran Hotel de Mondariz, é propiedade do concello de Mondariz-Balneario, ainda que algunhas fontes indican que é de propiedade privada. 

 O devandito palco, ten planta poligonal, con zócalo de cantería, sobre o cal érguense oito columnas de ferro con capiteis pseudocorintios que sustentan a cuberta. Unha baranda lisa sen máis ornato que o anagrama de Augas de Mondariz, pecha todas as caras do octógono, 

 O palco foi construído arredor de 1920, ainda que non consta nesa construcción ningún dato referido a súa erección. 

 Está catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM).

Asemade, está localizado nas coordenadas WGS84 (World Geodetic System 1984) seguintes:

 Latitude: 42.226670260112485 

 Lonxitude: -8.46621036529541

 Na construcción dese palco foron empregados, fundamentalmente pedra, madeira e ferro. 

 De madeira é o teito e tamén o chan. E de metal son a varanda e a escaleira de acceso, da que actualmente soio fican os pousamáns.




 O palco da música leva anos (en 2012 ainda presentaba bó aspecto) nun lento e inexorable deterioro, básicamente por unha evidente falla de mantemento nesta última década.

 Ese deterioro, ademáis de non decir nada positivo no que respecta á xestión do equipo de goberno municipal, no capítulo de patrimonio; conleva un notorio perigo para á integridade física das persoas, veciñas e/ou visitantes, que acceden ao espazo onde está ubicado.

 O pasado sábado, por poñer tan soio un exemplo, entre outros moitos, celebrouse moi preto do palco, unha cerimonia de matrimonio civil. Como é obvio, coa correspondente antelación, varias persoas dispuxeron todo o necesario para ese evento, ao cal momentos despois acudiron grupos de convidados, de diversas idades. Afortunadamente todo aconteceu sen ninguna incidencia.

 En calquer caso, tendo en conta que en data 14 de xullo de 2021, fíxose público que "(...) o Concello de Mondariz-Balneario rehabilitaría o centenario palco da música que está ubicado nos xardíns do que fora o emblemático Gran Hotel de Mondariz (...)"resulta cando menos indicativo (non é preciso que digamos máis) que 15 meses despois - vánse cumplir o vindeiro venres día 14 de outubro de 2022 -, o palco da música continúe sen rehabilitar.

 Por ese motivo, desde este xornal dixital transfronteirizo, deixamos constancia do lamentable aspecto que presenta o devandito palco da música, co agravante de ser un perigo público. 

 Ao mesmo tempo, exhortamos ao alcalde da fermosa vila de Mondariz-Balneario a que máis cedo que tarde, adoite as medidas necesarias para evitar calquer posible desgraza, e paralelamente, faga o que corresponde nestes casos, instando - se ainda non o fixo - á redacción dun proxecto de rehabilitación, co seu correspondente orzamento, e solicite a autorización que corresponda á Patrimonio, da Xunta de Galicia, a fin de levar a bó termo os traballos de rehabilitación do palco da música. 

 A vila de Mondariz-Balneario, a súa veciñanza e os miles de visitantes anuais que recibe, ben merecen unha atención. Rehabilitar o palco da música é coidar o patrimonio. Que ninguén se lembre cando xa sexa tarde.

Ningún comentario:

Publicar un comentario