Social Pilgrims II: Obradoiros para a creación de filtros de realidade aumentada
A actividade está orientada a un público xeral a partir dos 12 anos.
Esta iniciativa forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia.
Infogauda / A Guarda
O taller Social Pilgrims II levarase a cabo na Casa dos Alonso (Praza do Reló, nº 1) o vindeiro día 25 de outubro, ás 19:30 horas. O proxecto forma parte do programa O teu Xacobeo, da Xunta de Galicia, e estará impartida por monitores de Ceo Aberto Divulgación.
Nesa sesión práctica procurarase familiarizar as/os usuarias/os das principais redes sociais (Facebook, Instagram, TikTok) coas ferramentas de creación de filtros de Realidade Aumentada e a súa posterior incorporación aos propios perfís. Asemade, falarase dos riscos de seguridades das redes sociais e daranse pequenas claves de como protexer os nosos contidos ao tempo que optimizamos o rendemento e impacto das nosas publicacións.
Na actividade, que é de balde, poderase incribir calquera persoa interesada a partir dos 12 anos de idade no enderezo electrónico da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), de A Guarda:
informacion@aguarda.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario