4 de out. de 2022

A GUARDA

MÁIS DUN CENTO DE PERSOAS PRESENTAN ALEGACIÓNS CONTRA O ACORDO DE SEGREGAR A FINCA DE FÍNOLA, DO PERI 5  

Adoitado en sesión plenaria polos grupos municipais do PSOE e do PP


Na imaxe, membros da comisión veciñal que presentaron no rexistro de entradas do concello de A Guarda máis dun cento de alegacións contra o acordo do PP e do PSOE de segregar a finca de Fínola do PERI 5



Infogauda / A Guarda

 Unha comisión de veciños e veciñas da Guarda veñen de facer público que acaban de "presentar máis dun cento de alegacións contra o acordo do PP e do PSOE da Guarda de segregar a finca de Fínola do PERI 5.  

 As alegacións piden o desenvolvemento do PERI 5 para poder destinar a titularidade pública aproximadamente 15.000 m2 do solo deste ámbito. O acordo entre o PSOE e o PP limita o solo público a menos de 3.000 m2.  

 As alegacións presentadas fundaméntase no artigo 129 da Lei do solo de Galicia que marca que os terreos para equipamentos e espazos públicos previstos en solos urbanos non consolidados son de cesión obrigatoria por lei.  

 Os promotores desta iniciativa afirman que só razóns moi escuras poden explicar que o PP e o PSOE decidan eliminar 12.000 m2 de terreo público no centro da Guarda. De ir adiante a modificación que defenden o PP e o PSOE, A Guarda perdería unha auténtica oportunidade para xerar dotacións públicas necesarias como zonas verdes, equipamentos e aparcamentos en superficie."

1 comentario: