O Rosal vai botar unha ollada ao pasado coas segundas Xornadas de Patrimonio
Comezarán este 11 e 12 de outubro coa intervención e pregón de Susana González Amado e cunha homenaxe aos cabaqueiros cunha demostración de fabricación de tellas
Infogauda / O Rosal
O
Rosal vai botar unha ollada ao seu pasado coa celebración das II Xornadas de
Patrimonio, unha serie de actividades para todos os públicos que se levarán a
cabo durante os meses de outubro e novembro para dar a coñecer e poñer en valor
o patrimonio rosaleiro e do Baixo Miño en todas as súas manifestacións, dende o
material ao inmaterial, representado en gran parte polos cabaqueiros do Rosal.
A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, convida á veciñanza a participar nestas
xornadas “nos que se achegarán a rosaleiros e rosaleiras aspectos fundamentais
para entender O Rosal de hoxe e para valorar o traballo das nosas e nosos
antepasados”.
As
xornadas comezarán este mesmo martes 11 ás 20.00 horas no Centro Social
Polivalente coa charla de Susana González Amado sobre ‘Cerámica para vivir e
vivir da cerámica’. A ceramista, ceramóloga, divulgadora e docente achegará ao
público a súa paixón por producir e ensinar, mais tamén por poñer en valor,
estudar e investigar todo o referente a esta arte e ciencia, tanto na súa
vertente artesanal e artística como na industrial e histórica.
González
participa dende 2001 na implantación en Galicia dos primeiros estudos de
Formación Profesional de Cerámica Técnica e colabora habitualmente na
dinamización de museos como o de Oleiros e Brañas de Valga ou en eventos para
poñer en valor os oficios do barro. De feito, será ela a pregoeira das Festas
do Outono do Pilar o mércores 12 de outubro ás 18.00 horas.
Será
precisamente dentro das Festas do Outono do Pilar que se celebrarán os días 11
e 12 de outubro onde O Rosal contará cunha ampla programación con xornadas de
exposicións, música, monicreques, a I Feira de Produtos do Rosal, o Memorial
Irmáns Flores ou a demostración do traballo dos cabaqueiros, que terá lugar o
mércores a partir das 18.00 horas na renovada Praza do Calvario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario