AVISO URXENTE
Concello de A Guarda
O Concello da Guarda informa que debido ás inclemencias climatolóxicas producíuse unha avaría eléctrica no sistema de bombeo de auga potable de Carballidos, quedando este inoperativo. Do mesmo xeito dende a Estación Depuradora de Tui se nos comunica que tamén se rexistrou unha avaría nos seus sistemas o que lles imposibilita suministrarnos auga temporalmente.
Solicitamos polo tanto á cidadanía guardesa, que ata novo aviso, faga un uso responsable da auga para evitar ter que realizar cortes no suministro. Tanto a avaría da Guarda coma a de Tui están sendo reparadas nestes intres.
(R.)

Ningún comentario:
Publicar un comentario