23 de out. de 2022

DEPORTES

PAULA ROCHA BAUTISTA, VENCEDORA NO LXVIII CROS INTERNACIONAL DE ZORNOTZA

Na categoría Sub 14 feminino

 

Paula Rocha Bautista, vencedora na categoría Sub 14 feminina
Paula co seu trofeo de gañadora


Informa: Sociedade Atlética do Trega

 Esta pasada fin de semana Paula Rocha Bautista, nosa atleta de Goián, da categoría Sub-14 feminino, desprazouse ata terras vascas, para disputar o LXVIII Cros Internacional de Zornotza, un dos mellores crosses de España. 


Paula Rocha entrando en liña de meta

 A deportista, pertencente a Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño, percorreu unha distancia de 1.550 metros entrando en meta cun sensacional rexistro de 5´54" que a levou a estar no máis alto do pódium.  

 Moitas felicidades campioa! A seguir así.

Ningún comentario:

Publicar un comentario