12 de set. de 2022

A GUARDA

O Consello Climático Asesor Xuvenil de A Guarda organiza unha recollida de pneumáticos no Río Miño 

O sábado 24 de setembro ás 9:00h

• Ás inscricións están abertas en información@aguarda.es 




Infogauda / A Guarda

 O vindeiro sábado día 24 de setembro o Consello Climático Asesor Xuvenil de A Guarda levará a cabo unha recollida de pneumáticos na desembocadura do río Miño, que formará parte da Global Week #4SDGs.   

 A recollida terá lugar ás 9:00h para poder xestionar a organización dos voluntarios e aproveitar o máximo posible a hora punta da baixamar, que terá lugar sobre as 10:00h. Os mozos e mozas do Consello Climático contarán co apoio de Codelauto, para a xestión dos pneumáticos recollidos e tamén co apoio do Concello para o seu transporte e solicitude dos permisos necesarios. Así mesmo desde o concello guardés convídase a calquera mozo ou moza que queira participar a notificalo en informacion@aguarda.es antes do vindeiro día 20.  

 Os pneumáticos son residuos non biodegradables que poden permanecer ata 80 anos no mar sen degradarse, e logo pasan paulatinamente a converterse en microplásticos que entran na cadea alimentaria. O seu volume e composición, non apta para o incinerado, fai que a poboación os abandone en vertedoiros ilegais ou os tire no mar. Dende o Consello Climático comunican á cidadanía que a pesar de que o punto limpo de A Guarda non está autorizado para a recollida destes residuos, poden achegarse a calquera taller, onde nolos recollerán por unha taxa mínima. Así mesmo, todos os cambios de pneumáticos realizados en talleres inclúen esa taxa no prezo das novas rodas para a reciclaxe das antigas.   

 Dende o Fondo Galego de Cooperación apóiase esta iniciativa enmarcada no proxecto europeo People&Planet e que formará parte dunha das actividades promocionadas internacionalmente na Global Week para os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

Ningún comentario:

Publicar un comentario