20 de ago. de 2022

A GUARDA

CONCERTO DE VERÁN 
  
A cargo da banda de música Agrupación Musical de A Guarda 

O sábado día 27 de agosto, ás 20:30 h., no auditorio de San Bieito



Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Organizado pola Agrupación Musical de A Guarda, coa colaboración do concello guardés, o vindeiro sábado día 27 de agosto, ás 20:30 h., no auditorio de San Bieito, a banda de música da Agrupación Musical de A Guarda, dirixida por Víctor Luis Alonso Treinta, ofrecerá seu Concerto de Verán.

 Ainda que non fai falla que o digamos, o evento musical ben merece á máxima atención de todos os públicos, para arroupar aos xoves músicos, a seus profesores, membros da xunta directiva da Agrupación Musical de A Guarda e a todas as familias que forman parte desa entidade da que á cidadanía guardesa pode sentirse - e con razón -, moi orgullosa.

 En caso de mal tempo, o concerto quedará aprazado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario