Galifornia Beat: unha cita clave no calendario da cultura urbana galega
• Os días 1 e 2 de agosto, no porto de A Guarda, virán cheos de música, patinaxe, talleres, espectáculos...
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Tras o éxito da pasada edición, cinco anos despois volve o Galifornia Beat. Este ano cun cartel incrible.
Os días 1 e 2 de agosto terá lugar esta sexta edición do Galifornia Beat, dúas xornadas repletas de música, actividades e moito patinar.
A música desde logo que estará presente case de forma continua coa gran parrilla de actuacións e disc-jóckeys. Haberá competicións de patinar en modalidade tazón, rúa e mellor truco, polo que o público desfrutará dun bo espectáculo.
Ademais, o Galifornia está aberto a todos os públicos, con diferentes talleres e espectáculos de escola de percusión bucal, danza, fútbol de rúa e patinar.
Diferentes xeracións uniranse no porto da Guarda polo deporte, pero tamén compartirán unha destacada afección musical e espertar artístico.
O Galifornia nace da crecente demanda das novas xeracións en deportes urbanos, que se une á xa asentada afección a patinar na Guarda.
Así que xa o sabedes. Vide a desfrutar destes dous días de cultura urbana ao porto da Guarda!
Ningún comentario:
Publicar un comentario