16 de maio de 2022

A GUARDA

NO DÍA DAS LETRAS

O BNG DEMANDA MEDIDAS PRÁCTICAS A FAVOR DO GALEGO   

Anxo Lois Baz Vicente (portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello de A Guarda): É unha anomalía que os nomes de moitas das rúas da Guarda  ou o  contestador automático do Concello  non estean aínda en galego” 

 

Unha das pracas que incumplen  a Lei de Normalización Lingüística 
Foto: BNG

 

Infogauda / A Guarda

 Na véspera do Día das Letras Galegas o Grupo Municipal do BNG vén de rexistrar no Concello de A Guarda unha iniciativa “para demandar unha serie de medidas que contribúan a poñer en valor o noso idioma e de paso dar cumprimento a lei de normalización lingüística”.   

 Anxo Lois Baz Vicente, portavoz municipal do BNG, afirma: “Precisamos actuar en todos os ámbitos e contribuír xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego con normalidade.  

 As administracións locais teñen un papel importante no proceso de normalización abalado polo artigo 4.1 da lei 3/1983 do 15 de xuño de normalización lingüística no que se declara  o galego como  lingua oficial das administracións locais”.  

 Anxo Lois Baz denuncia que “a rotulación de  moitas das  rúas da nosa localidade amosa unha absoluta falta de respecto pola nosa lingua, ademais de incumprir a Lei de Normalización Lingüística que recolle que os topónimos en Galiza terán como única forma oficial a galega, sirva como exemplo: Calle Bajo Muro, Plaza de la Iglesia,  Transversal San Cayetano, Calle Bayona, Los Bechos, Transversal Coruto Viejo, Pahiño-Buján, El Castro, Subida al Torroso, Plaza de Buján, entre outros moitos”.  

 E remata concluíndo: “E unha anomalía que os nomes de moitas das rúas da Guarda ou o  contestador automático do Concello non estean aínda en galego”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario