Con motivo do Día Internacional dos Museos
Xornada de portas abertas no Museo Arqueolóxico do monte Santa Trega
Infogauda / A Guarda
Con motivo do Día Internacional dos Museos, o monte Santa Trega celebrará este mércores 18 de maio unha xornada de portas abertas na que os visitantes poderán acceder gratuitamente ao monte e visitar o Museo Arqueolóxico de Santa Trega (MASAT), no seu horario habitual de 10:00 a 20:00h.
Por outra banda, novamente o Monte Santa Trega contará con visitas guiadas que comezarán nas fins de semana de xuño.
Aquelas persoas que visiten o Monte Santa Trega poden coñecelo con máis detalle escoitando as audioguías dispoñibles en varios idiomas. Están dispoñibles en YouTube. Tan só hai que buscar como audioguías Monte Santa Trega e poderase escoitar as 12 pistas nas que aportan tanto información do poboado galaico do monte Santa Trega, como da ermida, paisaxe,... Sen esquecer que unha das pistas corresponde ao MASAT, un espazo interesante para visitar e dispór dun maior coñecemento sobre a cultura galaico-romana e unha selección das pezas arqueolóxicas atopadas nas diferentes excavacións como as moedas, as labras e o Cabezón do Trega, a última pezas incorporada á exposición do devandito espazo museístico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario