CIG-Saúde reclama o uso sanitario do edificio da antiga cafetería do Hospital Xeral
CIG-Saúde da comarca de Vigo
O edificio da antiga cafetería do Hospital Xeral non está incorporado ás obras de reforma do antigo edificio do Hospital Xeral e do anexo I que se están a rematar para a construción da Cidade da Xustiza.
O espazo ocupado pola antiga cafetería e os espazos anexos no mesmo edificio están a ser usados polo SERGAS para labores de almacenamento de material, desaproveitando unha gran parte das instalacións, sen un plan claro sobre o seu futuro.
Desde CIG-Saúde da comarca de Vigo reclamamos que se consolide o uso sanitario dese edificio e non se perdan máis infraestruturas sanitarias na trama urbana de Vigo.
Reclamamos que se faga un estudo das posibilidades da instalación para reforzar o papel do Centro integral de saúde Taboada Leal, onde conviven instalacións de Atención Primaria e de Atención Hospitalaria.
Na situación actual, onde quedou claro que as infraestruturas sanitarias da nosa área son insuficientes, non podemos perder a oportunidade de sacar partido dun edificio dese volume e nesa localización.
Ningún comentario:
Publicar un comentario