A CIG CONVOCA A TODO O PERSOAL DE POVISA, A UNHA ASEMBLEA INFORMATIVA E POSTERIOR CONCENTRACIÓN
Este xoves, día 10 de febreiro de 2022, ás 14:00 horas, na entrada principal do Hospital Povisa, de Vigo
Infogauda / Vigo
O comité de empresa de Povisa convoca para este xoves día 10 de febreiro de 2022, ás 14:00 horas, na entrada principal do Hospital Povisa, de Vigo, a todo o persoal do centro sanitario vigués a unha asemblea informativa e posterior concentración na que se abordará o estado das negociacións do convenio colectivo.
Dende a representación sindical adiantaran hai 15 días a súa intención de convocar protestas no caso de que non se producisen avances na negociación. Neste senso, lembran que o cadro de persoal do centro médico privado leva 11 anos sen suba de soldos e co acordo laboral caducado a pesar do cambio de dirección.
Ningún comentario:
Publicar un comentario