A Consellería de Sanidade e os Colexios de Farmacéuticos de Galicia asinaron un novo Protocolo
TEST DE ANTÍXENOS DE SALIVA GRATUÍTOS A NENOS DE ENTRE 5 E 11 ANOS EN FARMACIA
· O Programa consiste na dispensación nas farmacias adheridas de autotest de antíxenos de saliva aos nenos de 5 a 11 anos provistos de tarxeta sanitaria Sergas.
· Cada neno destas idades dispón dun test para recoller de forma gratuíta na farmacia.
· A proba realízase no domicilio e, se o resultado é positivo, os pais deben confinar ao menor e chamar ao teléfono 881 540 045 no que lles xestionarán a realización dunha proba PCR de confirmación.
Autotest de antíxenos de saliva
Infogauda / Pontevedra
Esta semana a Consellería de Sanidade e os Colexios de Farmacéuticos de Galicia deron un paso máis na loita contra a infección por coronavirus na comunidade autónoma, na que participan activamente as farmacias e a distribución farmacéutica, coa firma do “Protocolo para a dispensación de autotest de saliva entre a poboación de 5 a 11 anos para control da Covid-19 en farmacia comunitaria”, que facilitará a dispensación aos nenos galegos de entre 5 e 11 anos, dun test de antígenos de saliva gratuíto.
Este programa está orientado á detección de casos positivos na poboación infantil que, en caso de infectarse, é na súa maioría asintomática, o que dificulta a súa detección precoz e facilita a transmisión do virus ás persoas da súa contorna.
En palabras da presidenta do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, Alba Soutelo. “A Xunta de Galicia facilita que os pais teñan acceso a un test de antígenos de saliva de forma gratuíta para os seus fillos de entre 5 e 11 anos porque a incidencia é alta nesas idades e, aínda que algúns nenos xa están a ser vacinados, non teñen a pauta completa de vacinación. O vindeiro martes finalizan as clases e o obxectivo deste programa é evitar que poidan contaxiar aos seus avós e familiares nas reunións e celebracións do Nadal”.
O 95% das farmacias da provincia de Pontevedra, un total de 415, participan nesta iniciativa que se suma aos demais programas que, desde o inicio da pandemia, están a realizar as farmacias en colaboración coa Consellería de Sanidade para facer fronte á expansión do virus, dos que continúan activos tres. “Unha vez máis, a resposta dos farmacéuticos foi exemplar, máxime tendo en cuenta a carga de traballo que xa supoñen os outros tres programas que se seguen desenvolvendo nas farmacias: o cribado de PCR de saliva, a emisión de certificados de vacinación e a realización de autotest de antígenos coa emisión do certificado co resultado da proba”, sinalou Soutelo.
En relación á realización de test de antígenos na farmacia, a presidenta do Colexio lembrou que “a administración sanitaria galega permite aos farmacéuticos procesar test de autodiagnóstico de antíxenos nas farmacias e expedir un certificado da Xunta de Galicia, que non serve para viaxar estritamente. Os autotest non están incluídos nas probas diagnósticas de infección activa COVID-19 (PDIA) válidas para o certificado europeo, e, por iso, non son válidos para expedir o certificado europeo de probas diagnósticas. A Consellería de Sanidade expón este certificado como un certificado de uso interno, que facilita a mobilidade e serve para hostalería, lecer nocturno, competicións deportivas e outros eventos dentro da Comunidade Autónoma de Galicia”.
Antes de viaxar a persoa debe informarse sobre as esixencias do país de destino. Nalgúns países non aceptan un resultado negativo de test de antígenos, senón que esixen unha PCR negativa, por tanto, para viaxar a eses países non serve ningún certificado de test de antígenos. Dentro dos países que aceptan o certificado de test de antígenos negativo, algúns están a aceptar o que emiten as farmacias e outros non, polo que antes de viaxar é conveniente confirmarse de que o van a aceptar.
No “Programa para a dispensación de autotest de saliva entre a poboación de 5 a 11 anos para control da Covid-19 en farmacia comunitaria” participan tres dos distribuidores farmacéuticos de Galicia, que se encargan de fornecer ás farmacias os test de antíxenos de saliva elixidos pola Consellería de Sanidade para utilizar neste programa.
Dos 150.000 test adquiridos para cubrir á poboación galega de 5 a 11 anos, o venres recibíronse en Galicia 60.000 que se distribuíron a razón de 20 test a cada farmacia adherida. O luns distribuiranse outros 20 e así ata finalizar as existencias desta primeira entrega, estando á espera de que se reciba a seguinte remesa de 90.000 test.
Procedemento do Programa
Os pais ou titores do menor incluído na poboación diana (nenos de idades comprendidas entre os 5 e os 11 anos, ambas as incluídas), acoden a calquera farmacia adherida.
O farmacéutico comproba, coa tarxeta sanitaria do menor, na plataforma informática de rexistro habilitada pola Consellería de Sanidade, se ten unha proba dispoñible.
Se é así, facilítalle á persoa responsable que recolle o test, información relativa á recollida da mostra, a técnica da proba de autodiagnóstico, a validez da mesma, a posibilidade de falsos negativos ou positivos e como debe actuar en caso de resultado positivo.
A continuación, o farmacéutico entrégalle o test de antíxenos de saliva sen custo.
Os pais ou titores do menor realizan a toma dá mostra na súa casa, recollendo a saliva do menor ao levantarse en xaxún sen tomar auga e sen lavarse os dentes, e procesan o test no seu domicilio.
Se o resultado do test é positivo, os pais ou titores do menor deberán confinalo e chamar ao teléfono 881 540 045 para que o Servizo Galego de Saúde realícelle unha PCR para confirmar o diagnóstico.
Fonte: Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra
Ningún comentario:
Publicar un comentario