O BNG pide a Sanidade que escoite as demandas do persoal sanitario do Baixo Miño en folga pola falta de médicos e médicas e orzamento para atención sanitaria
Manuel Antonio Lourenzo exixiu ao conselleiro, García Comesaña, más médicos e médicas e menos propaganda nunha comarca “en pé” e mobilizada para defender a sanidade pública
Infogauda / O Baixo Miño
O deputado do BNG, Manuel Antonio Lourenzo Sobral preguntou ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña que medidas vai tomar ante a mobilización “histórica” no Baixo Miño en defensa da sanidade pública e contra a falta de persoal sanitario e medios para a atención sanitaria.
No inicio da súa intervención, o nacionalista amosou unha fotografía da manifestación para exixir “máis médicos e médicas” e pediu ao titular de sanidade que “abandone a propoganda” e escoite as demandas do persoal sanitario e dos veciños e veciñas da comarca do Baixo Miño.
Na súa intervención, o deputado de BNG díxolle ao conselleiro de Sanidade: “Cando vostede afirma que non hai ningún problema coas condicións laborais dos médicos de Atención Primaria, como afirmou recentemente en sesión plenaria, o que atopamos é a unha nai da Guarda coa suá filla adolescente enferma é con 8 médicos que teñen en cupo pero que levan un mes con só 2 de mañá e un pola tarde. Ou tamén a un xubilado do Rosal de 70 anos que tivo que agardar por unha cita 12 días e con dor”. A propia alcaldesa denunciaba esta situación. “Non podemos nin cumprir cos servizos mínimos dunha folga porque non hai médicos” e de 3 médicos en cupo no Rosal “levan un mes con 0 médicos para 6.000 habitantes”.
Pero o mesmo acontece cunha nai en Oia sen pediatra dende hai meses para o seu fillo de 3 anos. “Médicos e médicas señor conselleiro, nin excusas, nin propaganda”, reiterou o nacionalista.
“Onte e hoxe - engadiu o deputado nacionalista -, coindicindo con esta comparecencia o persoal sanitario do Baixo Miño está en folga. Unha folga para protexer a saúde e a vida dos seus pacientes e dende o BNG queremos amosar o noso apoio a todas as súas reivindicaicóns e agradeder o seu compromiso coa sanidade pública”.
O deputado cominou ao titular de sanidade a presentar solucións para dar resposta ao persoal sanitario e a veciñanza. O Baixo Miño precisa de psicologas/os clínicos e fisioterapeutas, rematar coa precariedade na Atención Primaria, incentivar as prazas en destinos periféricos, e dotar de financiamento a Atención Primaria con “200 millóns de euros” e sobre todo, deixar de “enchérlle os petos aos amigos do Partido Popular na sanidade privada”.
Tras a intervención do conselleiro, o deputado lembrou que “onte mesmo, un facultativo foi activado polo 061 para atender unha emerxencia no Rosal porque non había médico. O paciente debeu ser trasladado a Vigo e o medico requirido polo 061 desprazouse ao Centro de Saúde en taxi, deixando a 10 pacientes sen atender dos 27 previstos
Durante a xornada da mañá só foi dotado cun médico na Guarda, unha médica en Oia e ningún no Rosal”.
“Vostede pode vir aquí e dicir que non hai médicos pero a realidade é que se non hai médicos é porque vostedes foron uns irresponsabeis e afogaron a Atención Primaria ata metela nesta situación”, remarcou o nacionalista que volvou a reclamar “condición laborais dignas e dotación orzamentaria”, “sen excusas nen propaganda”.
Sobre as prazas MIR, o deputado asegurou que o Partido Popular “non fixo os deberes” e “está recoñecendo que en catro anos non foi quen de resolver a situación, porque despois de 4 anos de formaciónMIR - afirmou -, continuamos sen médicos e médicas”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario