22 de dec. de 2021

O ROSAL

O Concello felicita á veciñanza que encheu espazos do Rosal de decoración de Nadal  

Veciños de Caselas crearon un nacemento nun lavadoiro, na parroquia de Santa Mariña hai un belén que integra ós muíños do Folón e do Picón, e no Picón crearon a súa propia árbore de Nadal 


Unha das atraccións máis importantes do Nadal do Rosal é o belén xigante que os veciños da parroquia de Caselas crearon nos tanques do lavadoiro

Fotos. C.O. R.

Infogauda / O Rosal

 O Concello do Rosal quere felicitar a todos os veciños e veciñas que están a traballar para decorar distintos espazos do municipio polo Nadal. A alcaldesa, Ánxela Fernández, agradece a toda a veciñanza “o seu traballo e a súa ilusión por facer un Nadal especial en tempos tan difíciles”, ao tempo que destaca que estas accións tamén “poñen en valor espazos tan importantes do noso patrimonio material e inmaterial”.  


A veciñanza de Caselas (O Rosal), montou un belén no lavadoiro do barrio

 Unha das atraccións máis importantes do Nadal do Rosal é o belén xigante que os veciños da parroquia de Caselas crearon nun lavadoiro. O antigo depósito de auga e as lousas para lavar a roupa son agora a base sobre a que se erixe un nacemento moi ben caracterizado, mentres que, na súa entrada, un gran Papa Noel co seu reno recibirá a todas as persoas que queiran desfrutar deste gran traballo. 


Nacemento que acolle a igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal

 Ánxela Fernández anima a todos os veciños e veciñas do Rosal a visitar o lavadoiro de Caselas, así como o nacemento que tamén crearon na igrexa de Santa Mariña, na praza do Calvario, que se fixo coa colaboración do padre Vidal, de A Guarda, e que integra ós muíños do Folón e do Picón, e a árbore de decoración de Nadal que crearon os veciños e veciñas do Picón.  

 A rexedora tamén quere lembrar que na praza de Fornelos hai tres grandes Reis Magos, que o ano pasado estaban na praza do Calvario, e que cada Nadal irán percorrendo os difrentes barrios do Rosal. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario