Un Nadal con programación cultural e lúdica para toda á cidadanía
• O venres 10 de decembro o Centro Cultural acollerá a peza de teatro musical “O Candil”. A reserva de entradas xa está dispoñible.
• Actividades na rúa, música, obradoiros, teatro,..., son algunhas das propostas para estas festas na vila guardesa
Infogauda / A Guarda
Despois do acendido do alumeado de Nadal o pasado venres día 3 de decembro, a programación continuará este venres día 10 de decembro, ás 18:30h, na Casa dos Alonso, co obradoiro “Reutilizando envases”. Os obradoiros teñen prazas limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse na Oficina Municipal de Información Xovenil (OMIX) de A Guarda, a través do enderezo electrónico informacion@aguarda.es ou no teléfono 986 610 000 extensión7.
Tamén na xornada do venres 10 de decembro ás 21:00h o Centro Cultural acollerá a peza de teatro musical “O Candil”, da Escola Galega de Teatro Musical, baixo a dirección de Sara Fandiño.
O Candil, é unha comedia musical interactiva, con música en directo. Como recreación do pasado xénero ínfimo, comunmente espectáculo de cuplé, centra a súa historia na crítica de la moralidade presente (1919). O conflito moral, político, ideolóxico e relixioso, condiciona a vida das tres mulleres protagonistas, que teñen pensamentos moi distintos e tratan de buscar un lugar puro e cordial que ocupar no mundo, cómpre dicir que sen ningún éxito. A temática central é así, a busca do propio ser ante os momentos de confusión e cambio da mentalidade global.
PROGRAMACIÓN COMPLETA DO NADAL 2021-2022 NA VILA DE A GUARDA
Ningún comentario:
Publicar un comentario