6 de dec. de 2021

A GUARDA

CAMPAÑA DE VACINACIÓN: QUEIXAS POR PRESUNTA DISCRIMINACIÓN 

Motivada por non facilitar medios de transporte á veciñanza


Centro de Saúde de A Guarda
Foto: Infogauda

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Sen o máis mínimo interese de xerar unha crítica así porque sí, queremos deixar constancia do que varias persoas de A Guarda, con idades comprendidas entre os 55 e 79 anos, de diferentes barrios do termo municipal guardés, nos teñen referido respecto as instruccións das autoridades sanitarias galegas, no relativo aos desprazamentos aos chamados vacinódromos - neoloxismo creado para definir os lugares de vacinación masiva -, que no que respecta a Área Sanitaria de Vigo, a cal pertence o concello de A Guarda, está ubicado, como todo o mundo sabe, no IFEVI (Instituto Ferial de Vigo).

 O referido enclave, situado a 50 quilómetros de A Guarda, non é - en opinión de varias persoas da nosa localidade - o lugar máis accesible para quen non dispoña de medios de transporte propio. Por ese motivo, nosos comunicantes afirman que do mesmo xeito que se facilita o transporte colectivo para aquelas persoas que acuden a facerse ás mamografías, tamén deberían - por parte das autoridades correspondentes - haber pensando en facilitar eses traslados ás persoas que non dispoñen de automóbil para acudir ao lugar onde administran as vacinas contra o coronavirus SARS-CoV-2.

 Tamén refiren que do mesmo xeito que a determinados grupos de poboación se lles poñen as vacinas nos centros de saúde, non ten moita xustificación que a outras persoas de menos idade, se lles dirixa ao referido vacunódromo situado na Avenida do Aeroporto, 772 (Vigo), preto do aeroporto de Peinador.

 As queixas dos nosos comunicantes van dirixidas a diferentes autoridades, tanto locais como autonómicas, xa que consideran que debería haberse previsto os traslados en autobuses, microbuses,..., para aquelas persoas que o desexasen.

 Deixamos constancia deses feitos, co propósito de que se teñan en conta ás propostas dun sector da poboación, que probablemente sexa coincidente coas de persoas de idades semellantes doutras localidades. E se como se nos leva informando, o devandito coronavirus viu para quedarse, sería desexable que non se demorase a implementación do servizo de transporte colectivo para aquelas persoas que o demandan.

1 comentario:

  1. Moi mala planificacion,deberian vacinarse no Centro de Atencion Primaria,no e tan complicado

    ResponderEliminar