Co acendido do alumeado, A Guarda dará este venres a benvida ao Nadal 2021
• A ampla e variada programación de actividades estenderase ata o 5 de xaneiro de 2022
• Teatro, música, actividades na rúa, obradoiros,…, son algunhas das propostas deste Nadal na vila
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda arranca este venres día 3 de decembro a programación do Nadal 2021 co acendido do alumeado, actividades que terán lugar dende ás 18:00h.
De 18:00h a 18:30h contarase co espectáculo/xogo de animación “A xogar cos trasnos do Nadal” no que un pequeno grupiño de trasnos realizará xogos de baile e coreografías divertidas cos nenos, familias e todo aquel que se achegue ata a Praza do Reló.
Ás 18:30h terá lugar a cerimonia oficial do Acendido da Iluminación do Nadal, con posterior presentación do Gran Bastón de Nadal que os trasnos transportarán polas rúas do centro da vila dando comezo ao Tempo de Nadal. Toda a animación correrá a cargo de Barafunda Animación, realizando o seguinte percorrido: Praza do Reló - Rúa Cervantes - Joaquín Alonso - Vicente Sobrino – Avelino Vicente - Concepción Arenal – Brasilino Álvarez e Praza do Reló.
Ás 19:30h terá lugar na Casa dos Alonso a charla “Xogando no Nadal, o xogo e o xoguete”, charla de carácter práctico no que se abordarán temas de interese para as familias sobre o xogo e o papel fundamental que ocupa nas primeiras etapas das crianzas.
Achegaranse ferramentas prácticas sobre: atopar o equilibrio entre as necesidades das crianzas e o exceso de xoguetes, consellos sobre tipoloxía de xoguetes, como mercar xoguetes máis sostibles etc. Non é precisa inscrición previa.
Xa na xornada do sábado día 4 de decembro, ás 18:00h no Centro Cultural contarase coa nova produción da compañía Elefante Elegante: “Patapatum”. Reserva de entradas en www.evenbrite.es
Patapatúm é un espectáculo de teatro visual sen palabras para público a partir de 3 anos. Cunha banda sonora inspirada no universo dixieland, a máscara e o xogo físico propician un universo cómico que viaxa dende o realismo ata a hipérbole da nosa vida cotiá. A obra gañou o Premio María Casares a Mellor Espectáculo Infantil.
Patapatúm é a nosa reflexión sobre o tempo, a crianza e como enchemos os baleiros das nosas ausencias, cunha crítica constructiva ao exceso de agasallos, de xoguetes e en xeral de coidados materiais, en sustitución do tempo que non podemos adicarlle aos nosos nenos.
A compañía Elefante Elegante se caracteriza pola coidada estética e beleza das súas produccións, nas que prima o componente visual baseado no xesto e no movemento, buscando a universalidade, xurdindo da fusión de diferentes linguaxes: o teatro físico, a danza, as artes plásticas e as artes visuais. E así o rigor do seu traballo foi recoñecido con varios premios María Casares desde 2013, recibindo variados premios en diferentes categorías.
AXENDA DE NADAL
VENRES 3 DE DECEMBRO
A partir das 18:00h.
Na Praza do Reló acendido do alumeado de Nadal.
De 18:00h a 18:30h A xogar cos Trasnos de Nadal.
18:30h Acendido e animación de rúa posterior co Bastón de Nadal polas rúas da vila.
19:30h CASA DOS ALONSO
XOGANDO NO NADAL, CHARLA SOBRE O XOGO E O XOGUETE.
Acceso libre ata completar aforo.
SÁBADO 4 DE DECEMBRO
18:00h. Centro Cultural
TEATRO INFANTIL “PATAPATUM”
Reserva de entradas en eventbrite.es
VENRES 10 DE DECEMBRO
18:30h Casa dos Alonso
Obradoiro “Reutilizando Envases”
Inscrición previa en OMIX.
21:00h Centro Cultural
TEATRO MUSICAL “O CANDIL”
Reserva de entradas en eventbrite.es
XOVES 16 DE DECEMBRO
20:30h Centro Cultural
CONCERTO DO CONSERVATORIO
VENRES 17 DE DECEMBRO
18:30h Casa dos Alonso
Obradoiro “Reutilizando Abelorios”.
Inscrición previa en OMIX.
SÁBADO 18 DE DECEMBRO
12:00h Praza Avelino Vicente
CANTOS DE NADAL
Coas pandereteiras Coiro Vello, Carainas, Paliqueiras e do Lusco ó Fusco.
18:30h Casa dos Alonso
Presentación do libro “Palabras como corpus prata”, de Joaquín Cadilla Castro.
Acceso libre ata completar aforo.
DOMINGO 19 DE DECEMBRO
17:30h Igrexa Parroquial de Santa María de A Guarda.
CONCERTO DE PANXOLIÑAS
Coa participación da Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, Coral da Terceira Idade, Grupo Antorcha e Coro Cantabile.
Organiza: Agrupación Coral Polifónica de A Guarda
MARTES 21 DE DECEMBRO
18:00h Praza do Reló
CONCERTO DE NADAL DE VENTO E CORO DOS ALUMNOS DO CONSERVATORIO
DO 22 AO 24 DE DECEMBRO
ELFOS DE NADAL polas rúas da Guarda.
Horario: 22 e 23 de 17:00h a 20:00h
24, de 11:30h A 14:30h
XOVES 23 DE DECEMBRO
De 16:00h a 19:00h Praza de Avelino Vicente
“GADALKA” a cargo do Mago Dani. Espectáculo de maxia individualizada por familias.
MARTES 28 DE DECEMBRO
18:00h Centro Cultural
“Little neno descobre a… Os Beatles”, de A Reixa Produccións.
Reserva de entradas en eventbrite.es
MÉRCORES 29 DE DECEMBRO
20:30h Centro Cultural
“Ventos de Nadal”, grupos seccionais da Agrupación Musical de A Guarda.
XOVES 30 DE DECEMBRO
18:00h Centro Cultural
TITIRICIRCUS, con Tanxarina Títeres.
Reserva de entradas en eventbrite.es
DO 3 AO 5 DE XANEIRO
CARTEIROS DO NADAL polas rúas da Guarda Horario: 3 e 4 de 17:00h a 20:00h.
5, de 11:30h. A 14:30h.
MARTES 4 DE XANEIRO
17:30h Alameda
CIRCO RASNOVARAK, con Troula Animación. Espectáculo de rúa con animais xigantes.
MÉRCORES 5 DE XANEIRO
Visita dos Reis Magos con paseo polas principais rúas da localidade.
Ligazón para inscrición de eventos en eventbrite.es:
Ningún comentario:
Publicar un comentario