20 de set. de 2021

A GUARDA

Aberto o prazo de inscrición nas DEPOrtescolas 2021-22 

É un programa deportivo gratuíto da Deputación de Pontevedra coas modalidades de atletismo, baloncesto, balonmán, judo, loita, patinaxe, piragüismo, rugby e taekwondo. 




Infogauda / A Guarda 

 Este luns día 20 de setembro abriuse o prazo de inscrición nas “DEPOrte Escolas", un programa deportivo gratuíto da Deputación de Pontevedra en colaboración e coordinación coas federacións deportivas para contribuír ao desenvolvemento e fomento da actividade deportiva en idade escolar.  

Modalidades de "DEPOrte Escolas"  

 No caso da Guarda ofértanse as modalidades de atletismo, baloncesto, balonmán e patinaxe.  

Nenas e nenos destinatarios  

 A única condición que tes que cumprir é ter moitas ganas de pasalo ben practicando a túa modalidade deportiva preferida.  

 As escolas estarán destinadas a nenas e nenos en idade escolar de toda a provincia de Pontevedra.  

 Busca a modalidade deportiva e as súas características técnicas e apúntate.

Formalización da inscrición  

 A solicitude de inscrición deberá realizarse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).  

 Para a presentación da inscrición, a Sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).  

 Opcionalmente, poderá presentarse a inscrición de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.  

Prazo de presentación de solicitudes  

 Abriranse dous prazos para a presentación de solicitudes:      

1.º prazo de presentación das solicitudes será de 10 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO 20/09/2021).

 Unha vez finalizado o prazo de inscrición poderanse consultar as listas na páxina web; a selección das prazas levarase a cabo por orde de rexistro de entrada.    

  2.º prazo de presentación de solicitudes será desde 01 de novembro ata o 30 de novembro.  

 Unha vez finalizado o prazo de inscrición poderanse consultar as listas na páxina web.  

Comezo das "DEPOrte Escolas"

 As "DEPOrte Escolas" comezarán a partir do mércores 13 de outubro no día e no horario correspondente a cada escola, agás a escola de piragüismo.

MODALIDADES DEPORTIVAS NA GUARDA:

 Máis información en https://www.depo.gal/web/edepo/deporte-escolas

Ningún comentario:

Publicar un comentario