21 de ago. de 2021

A GUARDA

PATRIMONIO MARÍTIMO

O Concello de A Guarda organiza a actividade "Navega pola costa da Guarda co Volanteiro O Piueiro" 

· Ofertaranse un total de 8 saídas e as prazas están limitadas polo que é preciso realizar reserva previa na Oficina de Turismo de A Guarda




Infogauda / A Guarda

 A Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro, de A Guarda presentou en 2019 o volanteiro O Piueiro, logo de recuperar esta embarcación típica, de gran envergadura, que navegou a vela pola nosa costa ata comezos do s. XX. 

 Durante este verán a Asociación Piueiro ofreceu diferentes saídas de navegación promocionando o Camiño Portugués da Costa a través do programa O Teu Xacobeo e que tiveron moi boa acollida.  

 O Concello de A Guarda colabora coa Asociación Piueiro e vai ofrecer saídas gratuítas de navegación pola costa co volanteiro O Piueiro para aquelas persoas que queiran descubrir esta embarcación a vela, que incluirá ademais a navegación polo exterior do porto. 

 Segundo indican desde o concello guardés "ofertaranse un total de 8 saídas a finais de agosto e as prazas están limitadas polo que é preciso realizar reserva previa na Oficina de Turismo de A Guarda."  

 O luns 23 de agosto abrirá o prazo de inscrición que pode ser presencial, a través do teléfono 986 61 45 46 ou no enderezo electrónico: aguarda.oficina.turismo@gmail.com 

 Debido ao número reducido de prazas dispoñibles unha persoa poderá inscribir a un total de catro, excepto as unidades familiares. A idade mínima para participar é de 10 anos.  

 As datas e horarios dispoñibles son: 

- Mércores 25 de agosto: 10:00 - 11:30 - 17:00 

- Venres 27 de agosto: 10:00 - 11:30 

- Martes 31 de agosto: 10:00 - 11:30 - 17:00

Ningún comentario:

Publicar un comentario