A Comunidade de Montes da Guarda incorpora ao patrimonio comunal unha parcela doada por Florentina Andrés
Florentina Andrés Álvarez con Aser Ferreira-Rodríguez, presidente da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de A Guarda, trala formalización da doazón ante notario
Ricardo Rodríguez Vicente/A Guarda
A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Guarda formalizou o pasado 30 de xullo, ante notario, a doazón dunha parcela denominada “Costa”, cunha superficie de 1.370 metros cadrados, que pasa así a integrarse no patrimonio comunal da entidade.
A incorporación desta nova superficie supón un novo activo para o patrimonio da Comunidade de Montes, reforzando o carácter colectivo e comunal dos terreos que xestiona en beneficio da veciñanza da Guarda.
Desde a Comunidade de Montes queren expresar publicamente o seu agradecemento a Florentina Andrés Álvarez polo xesto de xenerosidade que fixo posible esta doazón. A entidade destaca que esta decisión constitúe unha mostra de compromiso coa comunidade e, por extensión, co conxunto da veciñanza da Guarda.
A Comunidade de Montes agradece especialmente que este tipo de xestos contribúan a preservar e ampliar o patrimonio comunal, un legado de carácter colectivo que forma parte da identidade e do patrimonio da Guarda.

Ningún comentario:
Publicar un comentario