PIUEIRO COMEZOU A TRABALLAR NO SEU BOTE VOLANTEIRO
· O bote volanteiro é a nosa embarcación de pesca máis antiga

Domingo Carrero Álvarez - no centro da imaxe - e seu fillo Francisco Carrero Portela - a súa esquerda -, supervisaron no aserradoiro a madeira para á quilla do bote volanteiro de Piueiro
Fotos: Piueiro
Fotos: Piueiro
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
A Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro, de A Guarda, que forma parte da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar), e que será a entidade anfitrioa do XIV Encontro de Embarcacions Tradicionais de Galicia, que se celebrará na Guarda, do 11 o 14 de xullo de 2019, ven de comezar os traballos previos á construcción do seu bote volanteiro.
Segundo pudo saber este cronista, o pasado xoves día 13 de setembro operarios da Serrería Manuel Fernández Expósito, de Pancenteo (O Rosal), estiveron cortando as acacias - unha madeira moi resistente - para facer a quilla do volanteiro, propiedade de Piueiro, última embarcación dirixida polo veterano mestre carpinteiro de ribeira Minxos (Domingo Portela Álvarez), que xunto co seu fillo Paco (Francisco Carrero Portela), estivo supervisando in situ os devanditos traballos, que terán continuidade en Astilleros El Pasaje, S. L., de A Pasaxe (Camposancos) A Guarda.
Domingo Carrero Álvarez e seu fillo Francisco Carrero Portela - a dereita da imaxe -, presenciaron os traballos de aserrado da madeira para á quilla do bote volanteiro
Segundo nos referira oportunamente, Enrique Vicente García, experto en embarcacions tradicionais, traballador xubilado doutro coñecido astaleiro da nosa localidade e modelista naval; a madeira de acacia, logo de un tempo en contacto coa auga do mar, a causa da salinización, evoluciona moi positivamente, facéndose máis dura e resistente. De tal xeito que queda prácticamente inmunizada contra os Teredos navalis, moluscos xilófagos coñecidos popularmente como "taladro", ou vermes dos barcos.
BOTE VOLANTEIRO: A NOSA EMBARCACIÓN DE PESCA MÁIS ANTIGA
“O bote volanteiro é - segundo afirmou a Proxecto Socheo, José Benito Rodríguez González (Tito Chirro), vicepresidente da Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro - a nosa embarcación de pesca máis antiga. Pódese decir cos ollos pechados. É o primeiro barco grande que tivemos no noso porto. Segundo os datos que teño, data de 1770-1780, década arriba, década abaixo.
Estes barcos estiveron traballando, como mínimo un século. Ainda que logo se perfeccionaron, e viu o molleiro, pero tamén era un bote.
Eran uns barcos bastante peculiares. Levaban unhas tripulacions de 12, 13, ... E ata 17 homes, chegaron a levar. Porque todo era a golpe de de remo e de vela. Eran manobras moi pesadas e levaban moita xente.
Segundo me comentaron, a vela era moi pesada e o mastro ía encima de cuñas. Abaixo, no plan había un furo, onde metían o pé do palo.
Non había onde traballar e a xente ía prácticamente pola comida.
Tiñan 5 ou 6 pares de remos e un timón non moi clásico. Os primeiros tiñan pala. Non era un timón vertical, era como unha pica dunha trainera. Os remos eran grandes.
Eses barcos traballaban coa volanta, e o vir o vrán co xeito.
Dícese que chegaron ata o mar de Aveiro. Non había sardiña por eiquí e había que botarse o medio do mar. Eran homes valentes e tiñan moitos coñecementos do tempo e tíñanse que valer de certas intuicions. Eran auténticos mariñeiros. Verdadeiros lobos de mar (...)”.
A construcción do bote volanteiro forma parte do proxecto que a Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro, de A Guarda presentara na súa candidatura para o XIV Encontro de Embarcacions Tradicionais de Galicia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario