SANTA MARIA DE TEBRA ACOLLEU A TERCEIRA CONCENTRACIÓN CONVOCADA POLA PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DE TOMIÑO
Máis de 125 persoas achegáronse a escoitar e a firmar en apoio as distintas reivindicacións da plataforma
A veciñanza de Santa María de Tebra participou activamente nesta nova mobilización de Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño / Santa Mª de Tebra
De acordo coa convocatoria feita oportunamente pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño, este domingo día 22 de agosto de 2021, as 12:30h., na praza de Santa María de Tebra, levou a bo termo a súa terceira mobilización, para dese xeito achegarse ás parroquias e procurar darlles as veciñas e veciños as máximas facilidades, e informarlles como avanza a situación da Sanidade en Tomiño, dígase centro médico, ubicado no barrio da Rocha, e o consultorio de Goián, respectivamente.
Así mesmo tivemos dúas mesas para recoller sinaturas de apoio as distintas reivindicacións da plataforma en representación de todos os veciños.
A participación foi moi interesante. Máis de cento vintecinco persoas achegaronse a firmar e a escoitar. Abriu o acto Violeta de Santiago que é compoñente da plataforma, seguido de Conchi Millán, de Tebra, persoa con múltiples problemas de saúde e tamén compoñente da plataforma. Estivemos acompañados do doutor Jesús Araujo Nores o cal nos está axudando e informando motísimo. Agradecemos enormemente a súa presenza e colaboración. Así mesmo tamén contamos coa presenza e apoio do delegado do Goberno da Zona Franca de Vigo, David Regades. Pechou o acto Violeta de Santiago anunciando que estaremos no mercado de Tomiño o vindeiro mércores 25 coas mesas de recollida de sinaturas.
As liñas a seguir irémolas anunciando, como o escrito que se presentou no Concello a responsable de Sanidade para saber o estado do consultorio de Goián e reclamar con contundencia a súa reapertura.
Informouse tamén da solicitude do servizo polas tardes con citas presenciais no centro médico de Tomiño, e que o doten de máis médicos, máis enfermeiros, máis especialidades, etc., etc.
O vindeiro domingo día 29 de agosto iremos coas mesas de recollida de firmas na parroquia de Sobrada.
Seguiremos informando.
VECIÑ@S ISTO É COUSA DE TOD@S. CO VOSO APOIO SEGURO QUE MELLORAREMOS A SANIDADE DE TÓDOLOS TOMIÑESES.
Ningún comentario:
Publicar un comentario