O CONCERTO “O CAMIÑO DO AMOR” DESTE DOMINGO QUEDA ADIADO POLAS CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS ADVERSAS PREVISTAS
• O espectáculo, inicialmente previsto para este domingo, 23 de agosto na Alameda, será reprogramado nunha nova data que se anunciará proximamente
• A decisión adóptase ante a previsión de condicións meteorolóxicas adversas que dificultan a celebración do concerto ao aire libre
Infogauda/A Guarda
Na tarde deste venres. 21 de agosto, recibimos na Redacción deste xornal dixital transfronteirizo, un comunicado que nos foi remitido polo Concello de A Guarda, e que a continuación transcribimos literalmente:
"O Concello da Guarda informa do adiamento da actuación da ópera rock “O Camiño do Amor”, prevista para este domingo, 23 de agosto, ás 21:00 horas na Alameda da Guarda, debido ás condicións meteorolóxicas adversas previstas para esa xornada. A decisión foi adoptada co obxectivo de garantir o correcto desenvolvemento do espectáculo e, especialmente, a seguridade tanto do público como das persoas participantes e do equipo técnico.
Dende o Concello da Guarda comunicaremos proximamente a nova data de celebración do espectáculo.
Lamentamos as molestias que este adiamento poida ocasionar e agradecemos a comprensión da veciñanza e de todas as persoas que tiñan previsto asistir a esta proposta cultural".

Ningún comentario:
Publicar un comentario