8 de maio de 2021

A GUARDA

“PORTA DO TREGA” 

CELSO RODRÍGUEZ FARIÑAS INSTA AOS DISTINTOS ESTAMENTOS PARTÍCIPES QUE REVISEN AS SÚAS OBRIGAS E RESPONSABILIDADES NESE PROXECTO


Na imaxe, unhas das edificacións do proxecto  “Porta do Trega” 
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda 

 Adxuntando diversa documentación relacionada (Convenio de colaboración entre á Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de A Guarda para á realización do proxecto “Porta do Trega” no Monte Santa Tegra (sic), asinado pola pola directora de Turismo de Galicia, María Nava Castro Domínguez e polo alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, en representación da Axencia de Turismo de Galicia e do Concello de A Guarda, respectivamente; documento de formalización do contrato das obras de  “Porta do Trega”, segundo proxecto redactado por Mauro Lomba Martínez e adxudicado mediante resolución da Alcaldía 2018-0585 de 14 de xuño de 2018, asinado polo alcalde de A Guarda, o contratista e a secretaria do Concello de A Guarda, respectivamente; acta de recepción de edificio terminado polo constructor (Zona de Obra O Rosal, S.L.U., o promotor (o alcalde Antonio Lomba Baz, en representación do Concello de A Guarda), o director da obra (Mauro Lomba Martínez), o director de execución material (o aparellador municipal Hermelindo Martínez González), e o interventor do Concello de A Guarda, David Aragunde Arppe); anexo á devandita acta de recepción de obra, asinada polas mesmas persoas; certificado de fin de obra, asinado polo director da execución da obra (Hermelindo Martínez González) e polo proxectista (Mauro Lomba Martínez); reportaxe fotográfica das edificacións incluídas no proxecto “Porta do Trega”; borrador da acta da reunión da comisión permanente do Padroado Municipal Monte Santa Trega, correspondente á sesión do día 12 de abril de 2021; así como informacións publicadas en dous medios de comunicación social); o concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, do Grupo Municipal Converxencia Galega no Concello de A Guarda, vén de presentar por sede electrónica á seguinte iniciativa:

A PORTA DO TREGA

 Cando xa vai para CATRO (4) ANOS, o 01.09.2.017 se asinou o Convenio de Colaboración para a realización do Proxecto “PORTA DO TREGA” asinado polo Sr. Alcalde Antonio Lomba Baz e a Directora Xeral de Turismo, María Nava Castro Domínguez. se deron os primeiros pasos no que logo resultou o EXPEDIENTE 156/2018, cun ORZAMENTO DE 220.000,00€,  

 Co paso do tempo, si hai algo que retrata a realidade municipal do Goberno do PSOE e ese “mamotreto a desidia” que parez que ninguén sabe que facer con él. (todos os nosos respetos o arquitecto que presentou o proxecto, independientemente de que nos guste ou non o proxecto) Temos que decir que do que aparece no diseño comparado ca realidade é pura quimera. Debeu de quedar do tema ata os mesmos…

 Entrar en dito Expediente 156/2018, tamén é unha odisea, xa que e en data do 18.04.2018 se lle requiere a empresa “mais idónea” que xustifique a “obra desproporcionada a baixa” para logo facerlle varios requerimentos en data 25.05, presentar o Interventor varios reparos o 13.06 e adxudicaselle ese mesmo día e formalizase o contrato entre as partes o 18.06.2018. 

 Non sabemos por qué, a empresa, tres meses despois, solicita unha ampliación do prazo para a execución da obra, que é aprobado polo concello, a través dun informe de Urbanísmo para inmediatamente, solicitar  sexa cedida dita obra a outra empresa. Namentras se realizan os trámites ca outra empresa, se presenta unha Certificación de Obra, pola que superado o 20% da mesma, presenta ao cobro a cantidade de 32.679,14€. 

 Despois de distintos trámites, o 23.10.2018, o Alcalde, autoriza a cesión da obra a outra empresa, pasa o tempo, e o 28.11.2018, asínase o FIN DE OBRA e RECEPCIÓNASE A MESMA polo Concello, representado polo Alcalde e como Director de Execución Material da Obra, o Arquitecto Técnico Municipal.  

 E aquí, deixamos o tema, cunha soia pregunta: ¿ESTA TERMINADA A OBRA?  

 Dende a Dirección Xeral de Turismo viu alguén a mirala obra? Foron empregados os materiais que aparecen presupostados no proxecto orixinal?  Onde está o Parque Forestal?. Onde está o segundo vial ascendente? Onde quedou a rotonda de retorno?  

 A todo isto, si estamos tratando de obras desenrroladas nun Ben de Interese Cultural (BIC), como é o caso do Monte Santa Trega, ¿porqué no expediente non aparece ningún escrito de autorización, inspección, control, etc., de Patrimonio? 

 Sin entrar a fondo no asunto, quedan moitas preguntas sen contestar. Hai unha que é de kínder, si se rematou “realmente no 2018”, porque non está funcionando?        

 A resposta está moi clara, na Sesión Ordinaria da Comisión Permanente do Padroado Municipal do Monte de Santa Trega, celebrada na Casa Consistorial o 12 de abril de 2021, diante da pregunta de si falaron ca Secretaría Xeral de Turismo en relación da Entrada do Trega e do resto da obra, a resposta non pode ser máis patética: O Presidente contesta que non falou máis, nin ca Xunta nin co autor do proxecto. (nosa opinión é: ¡¡que vai falar se a obra está rematada a lo menos en papeis!!) Explica que o proxecto non foi o que se pediu, querían algo funcional e non foi así (220.000,00€ dan para moito, ata para milagres), ¿Pero non había un Director de Execución Material da Obra por parte do Concello? Sería que nunca visitou a obra e creía o que lle contaban? Meteron electricidade para a caseta de cobro e se encargou mobiliario. (En agosto de 2018 se elabora e se envía a Diputación o Proxecto de suministro eléctrico “Area de Recepción de Visitantes “Monte del Tecla” (supoñemos que sería pedindo axuda financiera). Debería complementarse cun proxecto de urbanización e se tratará de fermosear o entorno. (En data 19.11.2018  ten entrada no Concello a resposta o Informe Forestal sobre o Proxecto Porta do Trega asinado polo Director Xeral de Ordenación Forestal). E remata a súa intervención, facendo unha aseveración ou unha sentenza que pode ser grave e lapidaria para o Concello e para o Padroado: “Di que o resto non o farán, son moitos cartos e pouco funcional”. (recomendamos ao Sr. Alcalde, Equipo de Goberno do PSOE e asesores técnicos unha nova lectura do Convenio de Colaboración para non levar sorpresas e atoparse nun laberinto). 

 Por todo isto dende CONVERXENCIA GALEGA, instamos os distintos estamentos partícipes neste proxecto que se poñan a revisar as obrigas e responsabilidades de cada unha delas para que sexan asumidas e rematadas a fin de que este proxecto se remate da mellor maneira posible, non só dende o punto de vista práctico para usuarios en xeral, senón como unha actuación levada a cabo no segundo lugar máis visitado de Galicia. 

A Guarda, a 03 de maio do 2021        

Celso R. Fariñas 

Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA

_____________________________________________

NOVAS RELACIONADAS PUBLICADAS EN INFOGAUDA:

1 de set. de 2017

27 de set. de 2020

Ningún comentario:

Publicar un comentario