20 de maio de 2021

A GUARDA

APROBACIÓN DEFINITIVA DA MODIFICACIÓN PUNTUAL Nº 5 DO PXOU DO CONCELLO DE A GUARDA


Vista de A Guarda desde o Monte Santa Trega
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda 

 No Diario Oficial de Galicia (D.O.G.), nº 93, correspondente ao xoves día 20 de maio de 2021, vén de publicarse a seguinte Orde:

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda 

 ORDE do 4 de maio de 2021 de aprobación definitiva da modificación puntual  número 5 do Plan xeral de ordenación urbana do Concello da Guarda. 

 O Concello da Guarda remite documentación relativa a esta modificación puntual de cara  á súa aprobación definitiva, conforme o previsto nos artigos 60.13 e 60.16 da Lei 2/2016, do  10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG) e os artigos 144.13 e 144.16 do Decreto 143/2016,  do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro,  do solo de Galicia (RLSG). 

 Analizada a documentación redactada polo arquitecto municipal Antonio Hernández  Crespo, con dilixencia de aprobación provisional plenaria do 27.11.2020, e vista a proposta  literal que eleva a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, resulta: 

I. Antecedentes. 

1. O Concello da Guarda conta cun plan xeral de ordenación urbana (PXOU) aprobado  definitivamente o 29.7.1993, publicado no Boletín Oficial de Pontevedra o 22.10.1993 o  acordo de aprobación e o 2.11.1993 a normativa. 

2. Mediante resolución do 15.2.2019, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio  Climático formula o informe ambiental estratéxico da modificación puntual e decide non  sometela ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria (Diario Oficial de  Galicia do 25.3.2019; expediente 2018AAE2275). 

3. Constan informes municipais técnico, do 16.4.2019; xurídico, do 16.4.2019; de Secretaría, dos días 23.4.2019 e 26.4.2019, e de Intervención, do 22.4.2019. 

4. A modificación puntual é aprobada inicialmente polo Concello Pleno do 14.5.2019 e  sométese a información pública polo prazo de dous meses, mediante a publicación no DOG  do 17.6.2019 e nos xornais Faro de Vigo, do 30.5.2019, e Atlántico Diario, do 31.5.2019.  Consta certificado do día 9.9.2019 da non presentación de alegacións. 

5. Foron solicitados informes á Subdelegación do Goberno (consta o Informe do  13.12.2019 e remite os informes da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas do 24.9.2020 e do 11.11.2020); Confederación Hidrográfica Miño-Sil (Informe do 24.10.2019);  Ministerio de Economía e Empresa, Dirección Xeral de Telecomunicacións e Tecnoloxías  da Información (Informe do 28.10.2019). Constan tamén informes da Subdirección Xeral  do Patrimonio do Ministerio de Defensa, do 20.10.2019, e do Ministerio de Fomento, Subdirección Xeral de Planificación de Infraestruturas e Transporte, do 22.10.2019. 

6. Segundo o establecido no artigo 60.7 da LSG, foron solicitados informes sectoriais á  Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo en materia de costas (consta o Informe do 18.11.2019); Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Informe  do 5.12.2019); Instituto de Estudos do Territorio (informes do 11.2.2020 e do 1202.2020);  Dirección Xeral de Patrimonio Cultural (informes do 27.2.2020 e do 8.9.2020), e deuse  traslado á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior (Informe do 13.2.2020). Recibiuse tamén o Acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra do 10.1.2020.  Augas de Galicia remitiu o Informe do 27.2.2020 e do 28.2.2020. Non contestou a Dirección  Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo á solicitude de emisión do informe previsto  no artigo 102 do Decreto 20/2011, do 10 de febreiro. 

 Deuse audiencia ao Concello limítrofe do Rosal, do cal non se recibiu contestación. 

7. Constan informes: técnico, do 3.11.2020; xurídico, do 3.11.2020; técnico e xurídico,  do 17.11.2020, e da Secretaría, do 9.11.2020 e do 17.11.2020. 

8. O Concello Pleno, do 27.11.2020 aproba, provisionalmente esta modificación puntual. 

9. O Concello da Guarda achega o documento aprobado provisionalmente, segundo o  establecido no artigo 60.13 da LSG, e dá resposta aos requirimentos realizados. 

II. Obxecto e descrición da modificación. 

 O obxecto da modificación puntual é a conexión da rúa Baixo Muro co sistema viario da  vila, para mellorar as súas difíciles condicións de accesibilidade. 

 O ámbito engloba parte dunha parcela catastral que está parcialmente edificada, cunha  vivenda unifamiliar e unha edificación anexa. A apertura da nova vía afecta unicamente a  edificación auxiliar existente na parcela. Prevese como unha actuación illada e a obtención  do solo realizarase mediante expropiación forzosa. 

 A parcela está clasificada como solo urbano, cualificada coa ordenanza 5 de edificación  en zonas de núcleo antigo, e reúne as condicións de solo urbano consolidado; non se lle  aplican as determinacións do Plan de ordenación do litoral de Galicia (POL), segundo se  establece no seu artigo 3.2.  

III. Análise e consideracións. 

 As razóns de interese público en que se xustifica a modificación puntual, segundo o establecido no artigo 83.1 da LSG e no 201.1 do RLSG, baséanse na mellora das condicións  de accesibilidade das vías existentes e na súa integración na rede viaria circundante, mellorando tamén a integración dun tramo da antiga muralla no tecido viario da vila. 

 Analizada a documentación achegada, púidose comprobar que o documento responde  ás cuestións sinaladas no informe emitido pola Dirección Xeral de Urbanismo no trámite de  consultas previsto no artigo 60.4 da LSG, así como ás consideracións dos informes sectoriais emitidos na súa tramitación. 

 A competencia para resolver sobre a aprobación definitiva das modificacións puntuais  do planeamento xeral corresponde á conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda,  de conformidade co disposto nos artigos 60.16, 61.1, 83.5 da LSG e no artigo 146.1 e 200.5  do RLSG, en relación co Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería. 

III. Resolución. En consecuencia, e visto o que antecede,  

RESOLVO: 

1. Outorgar a aprobación definitiva á modificación puntual número 5 do Plan xeral de  ordenación municipal do Concello da Guarda. 

2. De conformidade co artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co  artigo 212.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento  da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo inscribirá de oficio a modificación puntual no Rexistro de Planeamento Urbanístico de  Galicia 

3. De conformidade co disposto polos artigos 82 e 88.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro,  do solo de Galicia, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local,  o Concello deberá publicar no BOP a normativa e as ordenanzas da modificación aprobada  definitivamente, unha vez inscrita no Rexistro de Planeamento Urbanístico. 

4. Notifíquese esta orde ao Concello. 5. Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se  contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46  da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. 

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2021 

Ángeles Vázquez Mejuto 

Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Ningún comentario:

Publicar un comentario