CONVERXENCIA GALEGA PRESENTA UNHA MOCIÓN DE APOIO AO PERSOAL DO PADROADO MUNICIPAL MONTE SANTA TREGA
Celso Rodríguez Fariñas (concelleiro portavoz do Grupo Municipal de Converxencia Galega no Concello de A Guarda): "Considerando que a máxima laboral de “a igual traballo, igual salario e igual dereito”, vimos a respaldar a reclamación dos traballadores do Padroado Municipal Monte de Santa Trega, para que sexan adheridos ao Convenio Colectivo do Concello".
Foto: Infogauda
Infogauda / A Guarda
O concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, portavoz do Grupo Municipal Converxencia Galega, vén de presentar no Concello de A Guarda, a seguinte moción:
ADHESIÓN DO PERSOAL DO PADROADO MUNICIPAL MONTE DE SANTA TREGA AO CONVENIO COLECTIVO DO CONCELLO DE A GUARDA
Tendo en conta que os Estatutos do Padroado Municipal Monte de Santa Trega, establece no séu ARTIGO Nª 1º que: o Concello da Guarda constitúe o Organismo Público Autónomo PADROADO MONTE SANTA TREGA do que forman o propio Gonce/lo, as Comunidades de Montes en Man Común da Guarda e Camposancos, a Consellería de Cultura, a de Medio rural e a Deputación de Pontevedra, sen prexuízo doutras entidades administrativas, persoas físicas ou personalidade xurídicas públicas ou privadas que poidan formar parte no futuro.
O Padroado ten personalidade xurídica propia e patrimonio especial e establece o seu do micilio na Praza do Reló, nº 1 da Guarda. (Casa do Concello).
No seu artigo 5 establécese: Exercerá como Presidente o Alcalde ou Alcaldesa de A Guarda. De consideralo oportuno, o Alcalde ou Alcaldesa poderá delegar a Presidencia do Padroado nun Concelleiro ou Concelleira do Concello da Guarda.
Isto quere dicir que foi o Concello de A Guarda quen toma a decisión da constitución do Padroado establecendo tamén o mesmo domicilio é o do Concello e o seu presidente é o Alcalde do Concello ou concelleiro en quen delegue.
Dende sempre os/as traballadores/as do Padroado se lles ten dito que os seus dereitos laborais e retributivos se rexían polo convenio colectivo dos traballadores/as do Concello de A Guarda e de facto ten disfrutados do mesmo xeito vacacións e permisos e incluso en nalgúns momentos tamén horarios.
Recentemente a través dunha demanda dun traballador do Padroado o Xulgado Social nº 1 de Vigo no seu fundamento xurídico primeiro di: "Las reclamaciones del demandante se sustentan en que considera que le es de aplicación el convenio colectivo del personal laboral del Cancello de A Guarda pero entiendo que no lo es porque no estamos ante un Organismo Autónomo dependiente del Cancello sino ante un Patronato constituido por el Cancello de A Guarda, las comunidades de montes en mano común de A Guarda y Camposancos, la Consellería de Cultura y la Diputación de Pontevedra y, si bien sus estatutos prevén que sea el Goncello el que determine el número de sus empleados, categoría, funciones y sueldos, aparte de algunos ya definidos en sus estatutos como el secretario o el tesorero que son los del Goncello, dicho personal no se integra en la plantilla del Goncello por cuanto en el Patronato tienen parte otros organismo y Administraciones ajenos al Goncello.
Y de hecho, su contrato no fija convenio colectivo aplicable".
A vista disto dende o Sindicato CSIF maioritario entre os/as traballadores/as do Padreado rexistrou unha proposta de convenio colectivo para a súa negociación. Pero entenden que negociar un convenio case idéntico ao establecido no concello, no tería sentido, anque xuridicamente si debería ser así, pero solicitan poderse acoller ao establecido no artigo 92 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores. No que se di:
Artigo 92. Adhesión e extensión.
1. Nas respectivas unidades de negociación, as partes lexitimadas para negociar poderán adherirse, de común acordo, á totalidade dun convenio colectivo en vigor, sempre que non estivesen afectadas por outro, comunicándoo á autoridade laboral competente a efectos de rexistro.
2. O Ministerio de Emprego e Seguridade Social, ou o órgano correspondente das comunidades autónomas con competencia na materia, poderán estender, cos efectos previstos no artigo 82.3, as disposicións dun convenio colectivo en vigor a unha pluralidade de empresas e traballadores ou a un sector ou subsector de actividade, polos prexuízos derivados para os mesmos da imposibilidade de subscribir no devandito ámbito un convenio colectivo dos previstos neste título III, debida á ausencia de partes lexitimadas para iso. A decisión de extensión adoptarase sempre a instancia de parte e mediante a tramitación do procedemento que regulamentariamente se determine, cuxa duración non poderá exceder de tres meses, tendo a ausencia de resolución expresa no prazo establecido efectos desestimatorios da solicitude. Terán capacidade para iniciar o procedemento de extensión quen se ache lexitimados para promover a negociación colectiva no ámbito correspondente conforme ao disposto no artigo 87.2 e 3.
Tendo en conta que o sindicato CSIF ten representación no Comité de Empresa deste concello e como xa se dixo é o sindicato maioritario entre os/as traballadores/as do Padroado, polo tanto ten lexitimación suficiente para solicitar que os traballadores do padroado se adhiran ao Convenio Colectivo de Concello de A Guarda
Polo anteriormente exposto, dende CONVERXENCIA GALEGA vimos a presentar para o seu debate e aprobación si procede da seguinte MOCION: considerando que a máxima laboral de “a igual traballo, igual salario e igual dereito”, vimos a respaldar a reclamación dos traballadores do Padroado Municipal Monte de Santa Trega, para que sexan adheridos ao Convenio Colectivo do Concello.
A Guarda, a 20 de maio do 2.021
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
Ningún comentario:
Publicar un comentario