29 de abr. de 2021

A GUARDA

CELSO RODRÍGUEZ FARIÑAS PON NEGRO SOBRE BRANCO A SITUACIÓN DO G.E.S. DE A GUARDA

· O concelleiro de Converxencia Galega denuncia que "(...) as condicións nas que traballan  parecen mais propias do século XIX que da época actual (...)".


Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro do Grupo Municipal de Converxencia Galega no Concello de A Guarda

Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda 

 Adxuntando unha reportaxe composta de 32 imaxes fotográficas, correspondentes ao interior da base do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (G.E.S.) e ao material alí existente; o concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, do Grupo Municipal Converxencia Galega, vén de presentar na sede electrónica do Concello de A Guarda, á seguinte comunicación:

CONDICIÓNS DE TRABALLO EN PLENO SÉCULO XXI 

 Xa fai algún tempo, e tras estar escoitando distintas e diversas queixas e actitudes de quen están o fronte que non gobernando no noso Concello, decidimos constatar e organizar a información ca realidade, e isto é o que nos atopamos nun dos servicios básicos que temos como é o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (G.E.S.) donde as condicións en que traballan, parecen mais propias do século XIX que da época actual. 

 O resume que acompañamos é unha pequeña selección de imaxes que non reflicten todo o que alí tivemos a oportunidade de ollar. Desgraciadamente, nestas fotografías non podemos expresar as condicións de trato e “desprezo” ao seu labor (así o manifestou máis de un traballador) que reciben do Goberno Municipal do PSOE, donde ainda que non se ten feito público, teñen que estar constantemente nos xulgado reivindicando os seus dereitos laborais para que se lles recoñeza a súa categoría, o abono de horas extras, condicións de seguridade e hixiene laboral, etc., Si o Goberno Municipal estivera noutras mans, que escoitaría as protestas e panfletadas de “pseudodirixentes sindicais de vangarda” de progresistas saídos das cavernas e demais especímenes existentes. (se alguén se da por aludido nestes comentarios, debería revisar a súa actitude nestes momentos contra este grupo operativo, que cando deberían estar facendo traballos profesionais, se lles envía a “colocar vallas no mercadillo”. ¡¡Esperpéntico!! 

 Unha inspección rutinaría, obrigaría a pechalas instalación donde por unha banda, atopamos cables  e enchufes eléctricos obsoletos, sin seguridade de ningún tipo, instalacións queimadas por curtos circuitos e non arranxadas dende fai moito tempo. Baños sen portas, sin unha separación real para homes/mulleres, material deficiente ou inexistente do que deberían dispoñer dabondo. Por certo, si que podemos ollar unha boa cantidade variada de cascos, botas e roupa, carecendo de implementos de comunicación e outros vitais, imprescindibles para seguridade e integridade dos traballadores.  

 Sabemos que os problemas laborais deben tramitarse en primeira instancia a diante dos Xulgados do Social a través dos seus representantes e centrais sindicais, polo que non imos dar ningunha opinión o respecto, ainda que nos poñemos a súa disposición para calquer plantexamento político ca Administración Local. 

 Dende CONVERXENCIA GALEGA, imos dar traslado desta problemática as diversas estamentos provinciais e autonómicos implicados neste asunto, solicitando a súa intervención para arranxar o máis pronto posible esta situación. 

A Guarda, a 28 de abril do 2021    

Celso R. Fariñas 

Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA 

Ningún comentario:

Publicar un comentario