25 de mar. de 2021

A GUARDA

A unidade móbil de inspección técnica de turismos visitará A Guarda en maio e xuño  

 

Infogauda / A Guarda

 O equipo de goberno local vén de facer público que a unidade móbil 06 de inspección técnica de turismos desplazarase ao Concello de A Guarda nas seguintes datas e ubicacións:  

•    Do 20/05/2021 ao 02/06/2021, na Estación de Servicio San Roque (A Guarda). 

 O horario de atención será de 9:00 a 13:30 e de 15:15 a 18:00. O servizo prestarase en horario de mañá e tarde todos os días, agás: 

•    02/06/2021 que será horario só de mañá.

Para solicitar cita previa:  

•    Por teléfono: 902 30 90 00  

•    A través da páxina web: www.sycitv.com - Cita previa  

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á  posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario