18 de set. de 2020

A GUARDA

Sanidade levanta na Guarda as restricións preventivas por motivo do Covid-19 

•  Pola evolución favorable dos contaxios durante esta semana

 Casa dos Alonso, sede do Concello de A Guarda
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Na mañá deste venres día 18 de setembro de 2020, o Equipo de Goberno Municipal do Concello de A Guarda emitiu un comunicado no que informa á cidadanía que "despois de escoitar as recomendacións do Comité Clínico, en canto a evolución do número de casos activos durante esta última semana, Sanidade decide poñer fin as restricións que anunciara o pasado 11 de setembro. O anuncio farase público no Diario Oficial de Galicia e terá vixencia a partir das 0:00 h do sábado 19 de setembro. 

 A última comunicación da situación epidemiolóxica na Guarda, realizada na tarde do xoves 17 de setembro, elevaba a 22 o número de casos activos, 8 menos que fai unha semana. Así mesmo Sanidade comunicaba que hai 53 casos aos que se lle está facendo estreito seguimento. 

 O concello seguirá mantendo para este sábado a medida de prevención de non celebrar o mercadillo, salvo cos postos de alimentación e flores. No caso de manterse a evolución epidemiolóxica desta semana, o próximo sábado día 26, celebrarase de novo o mercadillo completo, tendo sempre en conta as medidas de prevención recomendadas". 

A FESTIVIDADE DE SANTA TREGA CONMEMORARASE DE XEITO DIFERENTE

 O vindeiro día 23 deste mes (festivo local), A Guarda acollerá as celebracións da festividade de Santa Trega, que neste ano tan atípico, e ante as medidas de prevención motivadas pola pandemia da Covid-19, terán que realizarse dun xeito distinto. 

 Como xa anunciaron as autoridades eclesiásticas, as misas, que tradicionalmente oficíanse na ermida no Monte de Santa Trega, celebraranse na Igrexa Parroquial e con limitacións de aforo tal e como ditan as normas sanitarias vixentes. Non se realizarán as poxas de froitos do mar e da terra, nin haberá procesión. 

 A ermida de Santa Trega estará aberta ao público nesta xornada para todos os fieis e devotos que desexen facer as súas ofrendas, sempre respectando as distancias de seguridade, o uso obrigatorio de máscaras de protección e hidroxel. 

CONTINÚAN EN VIGOR AS MEDIDAS DE PREVENCIÓN

 Como en anteriores ocasións, o concello insta "a cumprir as medidas de prevención a toda a poboación: uso da mascarilla, hixiene de mans e o mantemento da distancia social, sobre todo tendo en conta que co comenzo da actividade escolar aparecen novos factores de risco. Dende o concello queremos trasladarlle ás familias que reforcen as medidas de precaución cos cativos, prestando especial atención a aparición de febre".

O ROSAL

Sanidade levanta no Rosal as medidas restritivas por mor da Covid-19  

Tómase esta decisión pola evolución positiva da situación epidemiolóxica. Dende as 00.00 h deste sábado 19 volverán a estar en vigor as medidas anteriores.   

 


 

Infogauda / O Rosal

 Na mañá deste venres día 18 de setembro de 2020, o Equipo de Goberno Municipal do Concello do Rosal fixo público o seguinte comunicado: 

 "A Consellería de Sanidade decidiu levantar as medidas restritivas que se viñan aplicando no Rosal tras a evolución positiva da situación epidemiolóxica. Ademais de baixar ata 15 os casos activos e ata 25 as persoas en corentena, as autoridades sanitarias aseguran que todos os contaxios e brotes están perfectamente controlados e a situación é estable.  

 Esta decisión publicarase este mesmo venres no Diario Oficial de Galicia e entrará en vigor a partir das 00.00 horas do sábado 19 de setembro. Dende ese mesmo momento estarán vixentes as medidas anteriores, como a obriga de levar máscara, manter a distancia de seguridade e extremar as medidas de hixiene.  

 Dende o Concello quérese facer un novo chamamento á responsabilidade e a seguir sendo respectuosos coas medidas preventivas establecidas. Aínda que a situación está a mellorar non debemos confiarnos: nesta nova realidade debemos convivir coa COVID-19, polo que debemos ser conscientes da nosa vulnerabilidade e redobrar esforzos para minimizar riscos.  

 O Concello trasladará á veciñanza calquera nova información oficial que se comunique dende Sanidade". 

O ROSAL

O Concello contará cun novo vehículo para o servizo de Vías e Obras  

Adxudicado o contrato de subministro por un valor de 24.350 euros. 

Substituirá á furgoneta empregada ata o de agora, con máis de 20 anos de antigüidade 


Infogauda / O Rosal

 O Equipo de Goberno Municipal vén de facer público que "o Concello do Rosal acaba de adxudicar o contrato para o subministro dun vehículo para o servizo de Vías e Obras que se empregará para o traslado do persoal deste departamento, principalmente de aquel que desempeña tarefas de desbroce no termo municipal, así como de todo o material necesario para o desenvolvemento das súas funcións. Esta furgoneta terá un custo de 24.350 euros que irán a cargo do Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra. 

 Esta adxudicación nace da necesidade do Concello de adquirir un novo vehículo para estas funcións, xa que o que se estaba empregando ata o momento ten máis de 20 anos de antigüidade  e sofre avarías con frecuencia. O novo vehículo, de menos de 10 prazas e acondicionado para o transporte de material, será de cor branca e terá rotulado o nome e o escudo do Concello do Rosal e da Deputación.  

 O contrato inclúe o servizo de asistencia técnica para o vehículo e unha ampliación do prazo de garantía ata os tres anos. A furgoneta será entregada ao Concello no prazo aproximado dun mes". 

TOMIÑO

Varios cursos de idiomas "non clásicos" centran a oferta formativa de outono da OMIX de Tomiño  

Formación en ruso, xaponés e chinés, son algunhas das propostas da axenda de actividades do Concello

 

Nina Yarovenko, profesora nativa de Ruso
Fotos: C.T.

Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), oferta diferentes actividades para os vindeiros meses.Unha vez máis, os idiomas son unha das apostas fortes dirixidas á mocidade do concello, pero tras varias tempadas con cursos de inglés, francés, portugués, italiano, nos últimos anos apostouse por introducir a oferta de idiomas non clásicos, coma o chinés, o ruso e o xaponés, con grande aceptación por parte da cidadanía.  

 Así, a principios de outubro comezan os novos cursos de idiomas RUSO E XAPONÉS nivel básico, e o de CHINÉS nivel A2.1. As tres actividades formativas teñen aínda aberta a inscrición na páxina web municipal (www.tomino.gal) e serán en formato en liña e presencial, dependendo das circunstancias sanitarias.  

 

Lili Wo, profesora nativa de Shangai
 

 Lili Wo, profesora nativa de Shangai e profesora na Universidade de Vigo, é a docente que vai impartir o curso de XAPONÉS BÁSICO os días xoves, de 17.00 a 19.00h. Este curso ten como obxectivo adquirir coñecementos básicos comunicativos: compresión auditiva, lectora, expresión verbal e escrita, estando destinado á mocidade sen coñecementos previos da lingua xaponesa e tendo un custe simbólico de 5 euros.  

 A mesma docente impartirá o curso de Curso en liña e/ou presencial de chinés nivel A2.1  dirixido á mocidade que xa ten coñecementos básicos comunicativos da lingua chinesa (A1). Neste curso afondarase máis na cultura e melloraranse os coñecementos en caracteres, léxico, gramática, e traballarase especialmente a comprensión auditiva, lectora, a expresión verbal e a escrita. A data prevista de inicio é tamén o día 1 de outubro, días xoves, de 19.00 a 21.00 horas e o prezo, 5 euros.  

 Pola súa banda, o cursiño en liña de Ruso nivel básico, será impartido pola profesora nativa Nina Yarovenko, graduada na Universidade Estatal de Moscú e con amplia experiencia. Está destinado a todas as persoas interesadas en coñecer o idioma e a cultura de Rusia. Inicio, 5 de outubro; días luns, de 19.00 a 20.00 horas. Custe, 5 euros.     

Curso básico de correo electrónico en liña

 Por outra banda, impartirase un curso básico de correo electrónico co obxectivo de aprender a crear unha conta de correo electrónico en  Gmail, redactar mensaxes, facer filtrado e clasificación de correos, xestionar varias contas, coñecer outros programas de xestión de emails e saber utilizalos de xeito efectivo e produtivo.   

 A data de realización será a finais do mes de setembro, e o horario será escollido polas persoas participantes. xa que se tratadunha plataforma e-learning cun titor que atende de xeito personalizado as consultas do alumnado. Custe do curso: 5€. A inscrición está aínda aberta e pódese realizara comodamente dende a casa: https://tomino.gal/curso-basico-de-correo-electronico-online/   

Cambio de enderezo da OMIX  

 A OMIX de Tomiño e o Departamento de Cultura, mudouse novamente ao Campo da Feiracoma acostumaba a estar en anos anteriores. As consultas poden facerse tamén por whatsapp ao número 604 062 369, ou concertar unha cita para o asesoramento por videochamada. Aténdesepresencialmentesó CON CITA PREVIA.

TOMIÑO

Unha unidade móbil de doazón de sangue visitará Tomiño 

O vindeiro luns 21 de setembro, de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 horas

A unidade situarase, coma outras veces, na rúa Daniel Calzado Poceiro, a carón do aparcadoiro público de terra

O autobús situarase, coma outras veces, na rúa Daniel Calzado Poceiro 

 

Infogauda / Tomiño 

 Unha unidade móbil de doazón de sangue visitará Tomiño o vindeiro luns día 21 de setembro, en horario de  10.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 horas.

 O autobús situarase, coma outras veces, na rúa Daniel Calzado Poceiro, a carón do aparcadoiro público de terra.  

 A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade, que engloba o Centro de Transfusión de Galicia. Entre os seus obxectivos atópase a subministración de compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia de acordo coas súas necesidades.  

 Cada día ADOS (Axencia de doazón de órganos e sangue) despraza dez unidades móbiles e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos principais hospitais, na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender aos enfermos que as precisen.  

 No desenvolvemento do seu traballo resulta imprescindible o apoio de todas as entidades que conforman a nosa sociedade, entre elas os concellos que facilitan a colaboración das suas veciñas e veciños, é por isto queremos darlles as grazas.  

 Na situación actual, na que necesariamente debemos gardar certas prevencións sociais encamiñadas a preservar a saúde de todos, traballamos con cita previa para escalonar a afluencia de doadores, evitando esperas. 

CULTURA

Anxo M. Lorenzo felicita a Oriana Méndez polo Premio de Poesía Afundación

 


Infogauda / Santiago de Compostela

  A obra Interna da escritora Oriana Méndez fíxose esta tarde co XVIII Premio de Poesía Afundación, promovido por Afundación, a Xunta de Galicia e o Centro PEN Galicia. Durante a reunión do xurado, que tivo lugar na sede da rúa do Vilar de Afundación, o secretario xeral de Cultura do Goberno galego, Anxo M. Lorenzo, destacou o alto nivel literario deste renomeado certame que “coida todos os detalles e serve de acicate para os creadores” e felicitou á premiada á que lle desexou “máis éxitos no futuro”.

 Este galardón comezou o seu percorrido no ano 2002 a instancias Centro PEN Galicia e de Afundación. No seu elenco de gañadores figuran poetas galegos como Xavier Seoane, María do Cebreiro, Román Raña, Arcadio López Casanova, Marilar Aleixandre, Carlos Penelas, Luís Valle, Emma Pedreira, Xavier Rodríguez Baixeras, X. Daniel Costas, Yolanda Castaño, Elías Portela, Miguel Anxo Fernán Vello, Olalla Cociña, Estíbaliz Espinosa ou Miguel Sande, gañador da anterior convocatoria.

PONTEVEDRA

A Deputación de Pontevedra lanza a quinta edición dos premios Sofía Novoa "porque non imos deter nada que teña que ver con promover a igualdade"  

Os galardóns premian a integración da perspectiva de xénero nos traballos universitarios de Fin de Grao e Fin de Máster nos campus de Pontevedra e Vigo 

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra no lanzamento da quinta edición dos Premios Sofía Novoa
 

Infogauda / Pontevedra

  "Seguimos a apostar para que non se deteña nada que teña que ver con promover a igualdade", asegurou a presidenta da Deputación no lanzamento da quinta edición dos Premios Sofía Novoa. Estes galardóns, que impulsou o Goberno de Carmela Silva fai catro anos, premian a integración da perspectiva de xénero nos traballos universitarios de Fin de Grao e Fin de Máster defendidos e aprobados nos campus de Pontevedra e Vigo da Universidade de Vigo durante o curso 2019/2020. As bases desta nova edición, que repartirá premios por valor de 5.200 €, véñense de publicar hoxe no Boletín Oficial da Provincia, manténdose aberto o prazo de inscrición ata o 2 de outubro.

  Carmela Silva destacou o dobre obxectivo deste premios que valoran "a innovación, estudio, investigación, propostas de traballo para conseguir a igualdade", pero tamén "visibilizan a Sofía Novoa, unha muller moi avanzada no seu tempo, pedagoga, música, que estivo na Residencia de Señoritas de Madrid, onde moitas mulleres do primeiro terzo do século XX puideron ter unha formación educativa que lles permitiu ocupar moitos espazos de referencia".

  A edición deste ano dos Sofía Novoa entregarán dous premios de 1.000 € e un accésit de 600 euros tanto na modalidade de Traballos Fin de Grao como de Máster. As persoas gañadoras serán avaliadas de xeito anónimo, xa que os traballos non poderán conter ningún elemento identificativo, por un xurado integrado por persoas da Administración provincial e da Universidade de Vigo. En liñas xerais, o xurado analizará a calidade do traballo, a relevancia e carácter innovador da súa temática e metodoloxía, a aplicabilidade práctica das achegas do estudo, o uso da linguaxe inclusiva e da lingua galega, así como o emprego de referencias e fontes bibliográficas.

  Na última edición dos Premios Sofía Novoa obtiveron galardóns na modalidade de Fin de Grao Karen Giselle Engster, de Salceda, por "Constitución Española inclusiva. Estudio previo y propuestas de redacción"; Cristina Pérez, de (Pontevedra, por "Trabajar con perspectiva de género a través de la metodología por proyectos en la Educación Infantil"; e Antía Álvarez, de Vigo, por "Menores transexuales en el ámbito educativo". No caso dos Traballos Fin de Máster os premios foron para Marta Molina, de Vigo, por "Sensibilización e formación en igualdade de xénero do profesorado de FP"; Rut Guinarte, de Redondela, por "Mediando a temática do traballo de coidados na aula de inglés: co-construíndo novas realidades igualitarias"; e Fernando Miguel Otero, de Vigo, por "A situación do alumnado trans no Ensino Secundario de Galicia".

ARCOSDE VALDEVEZ

Município de Arcos de Valdevez e ACIAB juntos na Dinamização e Promoção da Economia Digital no concelho 

 

 María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 O Município de Arcos de Valdevez desenvolveu uma nova parceria com a ACIAB - Associação Comercial e Industrial de Arcos de Valdevez e Ponte da Barca, com o objetivo de Promover e Dinamizar a economia digital no concelho de Arcos de Valdevez. 

 Através da promoção e dinamização das empresas, do apoio à retoma da economia arcuense, do apoio à transição para a economia digital e do estímulo à inovação e criatividade, esta parceria prevê a utilização das novas tecnologias de informação para promover a economia local.  

 Assim, será realizado um protocolo de parceria, visando a atribuição de um apoio financeiro do Município, no valor máximo de 12.000,00 Euros. Esta colaboração tem como propósito promover e dinamizar a economia, apoiar o comércio e as empresas do concelho. Em simultâneo, reforça a presença online, mobiliza e partilha dados com interesse para atrair potenciais investidores/empreendedores, permitindo uma maior capacidade de inovação e de criatividade, utilizando as novas tecnologias de informação na promoção da economia local, num quadro de inteligência territorial.

PONTEVEDRA

O Pont-Up Store detense nos efectos da crise da covid-19 nas mulleres emprendedoras 

Nunha actividade organizada pola Comunidade Up, o encontro quixo analizar a man de seis emprendedoras a situación sobre a que advirten tanto as institucións como os informes publicados nos últimos meses: os efectos económicos da pandemia non serán neutrais en termos de xénero. 

As mulleres serán máis castigadas que os homes porque están máis expostas aos sectores máis afectados como o comercio, o turismo ou a hostelería, onde a participación feminina é maior; pero tamén porque continúan asumindo en maior medida os coidados do fogar e da familia.    

 


 Marián Fernández Álvarez / Pontevedra

  Como está afectando a pandemia global aos traballos das mulleres e, máis en concreto, ás mulleres emprendedoras? Esa era a pregunta á que tentaron dar resposta as participantes, na noite de onte xoves, no coloquio virtual O talento transformador das mulleres emprendedoras, unha das actividades incluídas no programa do Pont-Up Store, o encontro do emprendemento promovido pola Vicerreitoría do campus, a través do Campus Crea, co Concello de Pontevedra, como patrocinador principal.  

 A situación sanitaria provocada pola covid-19 obrigou a adiar a celebración das actividades presenciais incluídas na sétima edición deste evento, mais non así o programa de 14 talleres, coloquios e seminarios que se desenvolven a través da rede entre este xoves e este sábado. Entre eles, un debate que reuniu seis emprendedoras que participaron como expositoras en anteriores edicións do Pont-Up Store, e que buscaba afondar en como os efectos económicos da pandemia “non serán neutrais en termos de xénero”, como salientou na súa apertura Marian Fernández, socia fundadora da cooperativa cultural O Cable Inglés, e encargada de conducir este coloquio virtual.  

Dos efectos da pandemia á construción dunha “nova normalidade”  

 As intervencións de Ana Carpinteiro, en representación do comité organizador do Pont-Up Store, e da concelleira de Igualdade, Yoya Blanco, a través dun vídeo, deron paso a esta palestra virtual dirixida a abrir “novas xanelas para repensar as empresas e a sociedade nun momento no que os vellos modelos xa non son válidos”, como destacou Fernández.  

 Tomando como punto de partida un estudo realizado polo clúster ClosinGap que puña o foco en que “as mulleres serán máis castigadas que os homes porque están máis expostas aos sectores máis afectados e tamén máis vulnerables, como o comercio, o turismo ou a hostalería, pero tamén porque continúan asumindo en maior medida os coidados do fogar e da familia”, o coloquio buscou en primeiro termo debater se emprender “ten os mesmos custos” para homes e mulleres. Fíxoo, a través das experiencias das propias participantes, as emprendedoras María Gómez, Eva González, Paula Patiño, Ana Carpinteiro, Alba Antepazo e Elena Taboada, responsables, respectivamente, das empresas DoGo Strategy, Veigas de Sabuqueiro, A Castrexa, SomosOcéano, The Graphic Project e Árbore Arqueoloxía.  

 Todas as panelistas coincidiron en sinalar que á hora de emprender, as mulleres asumen menos riscos e tenden a ser máis conservadoras nas súas decisións porque levan á empresa o seu rol de coidadoras e nunca poñen en perigo nin o negocio  nin o equipo. Tamén concordaron en atribuír aos liderados femininos capacidades como a empatía e sensibilidade e relacionárona co rol de coidadoras que normalmente asumen as mulleres.  

 A partires desta perspectiva xeral, o debate puxo o foco na situación vivida nos últimos meses por mor da covid-19, co propósito de alertar do “posible deterioro das oportunidades laborais das mulleres” que podería provocar a pandemia. Nese senso, Fernández sinalou un estudo da profesora da Universitat de Barcelona Lidia Farré, que “confirma que as mulleres asumiron máis peso nas tarefas domésticas durante o confinamento”, mesmo naqueles casos nos que os dous proxenitores seguiron traballando. A este respecto, Paula Patiño, de A Castrexa, afirmou que durante o confinamento comprobou como eran os homes os que saian máis á rúa e ás mulleres as que quedaban na casa, “mesmo nos establecementos aos que eu abastezo, vin que elas desaparecían á fronte dos negocios”. Sobre o vivido durante a cuarentena, tamén se recoñeceron como ‘resilientes’ un valor que lle atribúen en moita maior medida ás mulleres que aos homes e que, como asegurou María González de Mulleres Atlánticas, “aprendemos das nosas avoas e nais, que superaron mil e unha dificultades e ensináronnos a facer moito con moi pouco”.  

 Do mesmo xeito, o coloquio incidiu tamén nas fendas existentes no mercado laboral entre mulleres e homes e en como, segundo un estudo da consultora PwC, rematar con estas podería supor un incremento do PIB do 16,8%, para debater como debería construírse unha “nova normalidade” nos eidos empresarial e laboral, tendo tamén en conta aspectos como a sustentabilidade ou o que poderían achegar “novos modelos de liderado feminino”. Sobre este aspecto, sinalaron que sen dúbida o modo de xestionar, reaproveitar e colaborar, tan característico das dinámicas femininas, desemboca nunha xestión máis sostible das empresas. Con respecto ao liderado, asumen que, con frecuencia, as mulleres sinten temor ou vergoña á hora de liderar proxectos, de presidir iniciativas, de coordinar equipos, respresentar publicamente á empresa e en xeral de figurar na primeira liña "porque non se nos educa para iso, senón para estar nun segundo plano". Neste sentido, houbo alusións a algúns valores empresariais considerados masculinos que deben ser incorporados polas mulleres como é o caso da seguridade e confianza persoal, ou a firmeza nas negociacións.  

 Durante a palestra, analizáronse tamén as dificultades na conciliación que obrigan ás familias a pospoñer a súa decisión de ter fillos/as, o que significa que as mulleres españolas teñen, de media, o seu primeiro fillo/a aos 31 anos, a segunda máis alta da Unión Europea só por detrás de Italia e case 2 anos máis tarde que no conxunto da UE-28. Por mor desa baixa natalidade, España perdeu 1,2 millóns de habitantes nas últimas décadas cun potencial económico de máis de 31.000 millóns de euros, preto de tres puntos do PIB. Ante estes datos, as emprendedoras máis novas como Alba Antepazo de Graphics e María Gómez de Mulleres Atlánticas, manifestaron a súa preocupación polo reto que supón a maternidade na súa condición de novas emprendedoras, aínda que aseguraron coñecer ao seu redor moitas mulleres que decidiron emprender precisamente para poder organizar mellor os seus tempos de conciliación e lanzarse a ser nais, pero "sempre cuns custes persoais altísimos". A este respecto, María Gómez, opina que "o teletraballo imposto pola pandemia pode axudar se está ben xestionado"; mentres Eva González, de Veigas de Sabugueiro, reivindicou “unha baixa de maternidade de polo menos 1 ano e máis facilidades para conciliar e retomar a actividade laboral en igualdade de condicións”.  

 Sobre esta última reivindicación, todas sinalaron os ‘teitos de cristal’ cos que se atopan as mulleres no mercado laboral, algúns deles autoimpostos pola necesidade de compatibilizar traballos e coidados, aceptando xornadas laborais a tempo parcial ou postos de menor responsabilidade que desembocan en pensións máis baixas, como se demostra nun recente informe de Mapfre que ademais lembra que a percepción de menores pensións por parte das mulleres xubiladas repercute sobre a súa capacidade de consumo e, por tanto, no seu benestar e no do conxunto da economía.  

  Por ultimo, preguntadas sobre como afectou o confinamente aos seus proxectos empresariais, todas manifestaron ter aproveitado a cuarentena para repensar os seus emprendementos, facelos máis fortes, máis creativos e innovadores, encontrar novos nichos, mudar estratexias e estar preparadas para ser máis flexibles nun escenario en continuo cambio.  

Tres días de programación virtual  

Aínda que sen actividades presenciais, como a carpa na que cada ano novos emprendedores e emprendedoras dan a coñecer os seus produtos e servizos, o Pont-Up Store desenvolve desde o xoves un programa de actividades virtuais, nun momento no que, como sinalou o seu director, o profesor Pedro Figueroa, “as persoas que deciden lanzar o seu negocio atópanse con moitas situacións adversas e incertas para as que queremos ofrecerlles todo o apoio posible”. Nesa idea insírese de feito o seminario Como deseñar a vacina para frear os efectos da covid-19 no teu negocio utilizando design thinking, promovido por AJE-Pontevedra, que arrincou xa o pasado luns. Tamén o encontro informativo sobre os procesos de dixitalización das empresas que na tarde deste venres promove o grupo Wordpress Pontevedra. Por outra banda, o Pont-Up Store incorporou tamén nesta edición un Espazo de Internacionalización, no que se se inseriron dous obradoiros en liña organizados pola entidade Ticket2Europe, xunto con coloquio, esta tarde, dirixido a coñecer casos de emprendemento en contornas rurais, promovido por Espazo Arroelo.   

 Podedes consultar na web o programa detallado onde tedes a posibildiade de aplicar os filtros ÀPRAZADO’ ou ‘NON APRAZADO’, ademais dos filtros dos distintos espazos.

LABORAL

O cadro de persoal de Thenaisie intensificará as protestas para forzar a intervención da Xunta 

Convoca unha manifestación este domingo no Grove e para a semana mobilizarase en Vigo e Santiago

Infogauda / O Grove / Mos 

 O cadro de persoal da conserveira Thenaisie Provôté, con centros de traballo no Grove e Mos, intensificará as mobilizacións nos vindeiros días co obxectivo de forzar a Xunta a implicarse na busca dunha solución definitiva para a empresa, que se atopa en concurso de acredores e con parte das traballadoras/es en ERTE.   


    Foto: CIG
 

 Dende a FGAMT-CIG do Salnés entenden que é o momento de que a Administración pública interveña de xeito decidido no proceso de venda da compañía, unha vez fracasados os contactos do grupo propietario -o romanés Scandia Food- cun suposto inversor interesado na adquisición. “Scandia comprometérase coa Xunta a dar un paso atrás no caso de que non se materializasen as conversas que mantiñan cunha conserveira interesada en mercar Thenaisie, pero non está a cumprir a súa palabra”, sinala Rosa Abuín.  

 Por iso o comité de empresa optou por convocar seis xornadas de folga. As tres primeiras tiveron lugar os pasados días 15, 16 e 17 e rexistraron un seguimento de practicamente o 100% do cadro de persoal, o que paralizou a actividade na fábrica. As seguintes datas serán os días 22, 23 e 24 de setembro. Coincidindo cos paros, as traballadoras/es desenvolveron concentracións ás portas das instalacións da empresa, tanto no Grove como en Mos.  O calendario de mobilizacións inclúe tamén unha manifestación este domingo 20 polas rúas da localidade pontevedresa. A marcha arrincará do Concello ás 12:00 horas, para rematar no mesmo lugar tras percorrer as rúas do centro da vila. Para a próxima semana as protestas trasladaranse a Vigo e Santiago. Na cidade olívica terán lugar o martes 22, primeiro diante da sede do bufete de avogados Garrigues, que asesora a dirección de Thenaisie, ás 11:00 horas; e a continuación ás portas do edificio da Xunta, na praza da Estrela, ás 12:00 horas.  

 Finalmente, o mércores 23 as traballadoras/es desenvolverán unha concentración diante do Parlamento galego en Santiago a partir das 10:00 horas, media hora antes do inicio das xuntanzas que unha representación do cadro de persoal manterá cos distintos grupos políticos con representación parlamentaria. 

CAMINHA

Boletim da Sessão nº 444 - "Gato Preto, Gato Branco" de Emir Kusturica (1998) 

Sexta-feira, 18 de setembro às 21:45 no Auditório do Museu Municipal

Uso de máscara obrigatório. Lotação Limitada. Entrada Gratuita.

Locus Cinemae / Caminha

 Adaptado de um romance dos anos 30, da autoria do escritor russo Isaac Babel, “Gato Preto, Gato Branco” conta a história de um grupo de ciganos que habitam à beira do Danúbio.  

 Matko, o Cigano, vive de pequenos negócios escuros com os russos. O seu primeiro grande trabalho é desviar um comboio que transporta gasolina de Belgrado com destino à Turquia. Para conseguir montar a operação pede dinheiro a Dadan, o padrinho da comunidade, que vive rodeado por um harém. Mas o assalto corre mal e agora Matko não tem dinheiro para pagar a Dadan. A solução é aceitar o casamento entre o seu filho Zare e a intratável irmã do padrinho. Mas Zare está apaixonado por Ida, uma jovem cigana que tem por passatempo disparar sobre as embarcações das pessoas que vivem à beira do rio.”  

https://cinecartaz.publico.pt/Filme/18219_gato-preto-gato-branco     

FICHA TÉCNICA:  

Título original: “Crna macka, beli Macor”, Jugoslávia / França / Alemanha / Áustria / Grécia, 1998  

Realização: Emir Kusturica  Produção: Karl Baumgartner  

Argumento: Gordan Mihić  

Música: Dr. Nelle Karajlić, Vojislav Aralica, Dejan Sparavalo  

Fotografia: Thierry Arbogast  

Montagem: Svetolik-mica Zajc  

Produtoras: Ciby 2000, Pandora Film, Komuna, France 2 Cinéma  

Duração: 127 minutos  

FICHA ARTÍSTICA:  

Bajram Severdžan como Matko Destanov  

Srđan Todorović como Dadan Karambolo  

Branka Katić como Ida  

Florijan Ajdini como Zare Destanov  

Ljubica Adžović como Sujka  

Zabit Memedov como Zarije Destanov  

Sabri Sulejmani como Grga Pitic  

Jasar Destani como Grga Veliki  

Salija Ibraimova como Afrodita  

Stojan Sotirov como búlgaro Customs Officer  

Predrag Laković como Sacerdote  

Miki Manojlović como Sacerdote

                                Trailer de "Gato Preto, Gato Branco" de Emir Kusturica

 Programação      

Ciclo Outras Cinematografias       

18 de setembro, “Gato Preto, Gato Branco”, Emir Kusturica, Jugoslávia / França / Alemanha / Áustria / Grécia , 1998, Sessão 444 (M/12)  

25 de setembro, “Uzak – Longínquo”, Nuri Bilge Ceylan,  Turquia , 2002, Sessão 445 (s/ classificação)