Anxo M. Lorenzo felicita a Oriana Méndez polo Premio de Poesía Afundación
Infogauda / Santiago de Compostela
A obra Interna da escritora Oriana Méndez fíxose esta tarde co XVIII Premio de Poesía Afundación, promovido por Afundación, a Xunta de Galicia e o Centro PEN Galicia. Durante a reunión do xurado, que tivo lugar na sede da rúa do Vilar de Afundación, o secretario xeral de Cultura do Goberno galego, Anxo M. Lorenzo, destacou o alto nivel literario deste renomeado certame que “coida todos os detalles e serve de acicate para os creadores” e felicitou á premiada á que lle desexou “máis éxitos no futuro”.
Este galardón
comezou o seu percorrido no ano 2002 a instancias Centro PEN Galicia e
de Afundación. No seu elenco de gañadores figuran poetas galegos como
Xavier Seoane, María do Cebreiro, Román Raña, Arcadio López Casanova,
Marilar Aleixandre, Carlos Penelas, Luís Valle, Emma Pedreira, Xavier
Rodríguez Baixeras, X. Daniel Costas, Yolanda Castaño, Elías Portela,
Miguel Anxo Fernán Vello, Olalla Cociña, Estíbaliz Espinosa ou Miguel
Sande, gañador da anterior convocatoria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario