8 de xul. de 2021

A GUARDA

Convocada folga indefinida en IKF da Guarda para rexeitar a  dobre escala salarial que a empresa quere prolongar no tempo 

· A medida supón unha diferenza de soldos de máis do 25% na mesma  categoría laboral, uns 5200 euros ao ano menos 


Vista parcial das instalacións que a multinacional Imerys Kiln Furniture España, S. A. (IKF), posúe en A Guarda (Pontevedra)

Infogauda / A Guarda

 O cadro de persoal de Imerys Kiln Furniture España, S. A. (IKF), empresa dedicada á fabricación de materiais refractarios con sede nas Cachadas (A Gándara -Salcidos) A Guarda, decidiu por ampla maioría convocar folga indefinida para rexeitar a dobre escala salarial que a compañía pretende prolongar no tempo

 A convocatoria, que dará comezo o vindeiro 14 de xullo, saíu adiante con 41 votos a favor, cinco en  contra e un en branco. Con esta medida de presión  os traballadores/as queren amosar o seu rexeitamento á proposta da empresa de manter durante oito anos máis a dobre escala salarial pactada en 2018 co anterior  comité (no actual a CIG ten 4 dos 5 delegados/as)

 Desde a CIG refiren: Segundo este acordo, as persoas que se incorporan a IKF dende ese ano ingresan entre un 25 e un 30%  menos de soldo que os seus compañeiros/as da mesma categoría laboral, o que supón uns 5.200 euros  menos ao ano. As pretensión da dirección son que nos oito anos de vixencia non se garantiría que o  persoal que se incorporase á empresa dende 2018 ou o que a faga a partir de agora recupere o 100% do  salario establecido no actual pacto de empresa.  

 Outro dos motivos que levaron á convocatoria de folga ten que ver precisamente coa renovación do pacto salarial, que caducou o 31 de decembro de 2020. As partes comezaron a negociar a renovación en abril,  mais o acordo non é posíbel porque non existe consenso na actualización salarial, xa que a empresa quere aplicar a suba que marca o convenio estatal, cando hai un pacto de empresa propio

 Ademais, IKF pretende que o 10% de distribución irregular da xornada permitido por lei sexa obrigatoria para todo persoal de luns a sábado, tanta de mañá como de tarde. Isto traduciríase unha liberalización dos horarios a disposición da empresa, o que suporía un ataque ao dereito de conciliación da vida laboral e  familiar, indican desde a CIG.

Ningún comentario:

Publicar un comentario