Unha unidade móbil de doazón de sangue visitará Tomiño
O vindeiro luns 21 de setembro, de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 horas
A unidade situarase, coma outras veces, na rúa Daniel Calzado Poceiro, a carón do aparcadoiro público de terra
O autobús situarase, coma outras veces, na rúa Daniel Calzado Poceiro
Infogauda / Tomiño
Unha unidade móbil de doazón de sangue visitará Tomiño o vindeiro luns día 21 de setembro, en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 horas.
O autobús situarase, coma outras veces, na rúa Daniel Calzado Poceiro, a carón do aparcadoiro público de terra.
A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade, que engloba o Centro de Transfusión de Galicia. Entre os seus obxectivos atópase a subministración de compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia de acordo coas súas necesidades.
Cada día ADOS (Axencia de doazón de órganos e sangue) despraza dez unidades móbiles e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos principais hospitais, na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender aos enfermos que as precisen.
No desenvolvemento do seu traballo resulta imprescindible o apoio de todas as entidades que conforman a nosa sociedade, entre elas os concellos que facilitan a colaboración das suas veciñas e veciños, é por isto queremos darlles as grazas.
Na situación actual, na que necesariamente debemos gardar certas prevencións sociais encamiñadas a preservar a saúde de todos, traballamos con cita previa para escalonar a afluencia de doadores, evitando esperas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario