15 de out. de 2020

O ROSAL

APRAZADAS ATA NOVO AVISO TODAS AS ACTIVIDADES PREVISTAS PARA OS VINDEIROS DÍAS  

Irase informando segundo evolucione a situación epidemiolóxica.  

   

Concello do Rosal

 Quedan aprazadas ata novo aviso todas as actividades previstas para os vindeiros días por mor das novas medidas de prevención publicadas pola Xunta de Galicia no DOG 207 bis, do 14 de outubro de 2020 como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na comunidade autónoma de Galicia.  

 O aprazamento afecta directamente ao contacontos, á obra de teatro e á homenaxe a Xulia Suárez, previstos para esta fin de semana. Irase informando se se adían novas actividades segundo avance a situación.  

 Apelamos á responsabilidade da veciñanza para que extreme as precaucións e evite calquera tipo de encontro familiar ou social que non sexa imprescindible nos vindeiros días.

Ningún comentario:

Publicar un comentario