15 de out. de 2020

COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA

Vila Nova de Cerveira acollerá o día 23 as "II Xornadas Amizade" para realizar un balance dos resultados da cooperación transfronteiriza e reflexionar sobre o futuro  

Entre as autoridades convidadas están a presidenta da Deputación de Pontevedra, o presidente da CIM Alto Minho e o presidente da Xunta de Galicia; estes dous últimos aínda sen confirmar  

No caso de agravamento das medidas de prevención da Covid-19, o evento poderá ser realizado exclusivamente de forma virtual 


 
Infogauda / Tomiño

 A Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño, proxecto cofinanciado polo FEDER a través do Programa Interreg V-A España-Portugal, desenvolveu ao longo dos últimos anos, varias accións para potenciar un desenvolvemento sustentábel do territorio, con repercusións positivas na mellora da calidade de vida e da cohesión social da poboación; no reparto e optimización dos equipamentos e servizos públicos de utilización colectiva e dos recursos humanos e económicos, nun programa de cooperación con vocación de futuro.   

 Desde 2014, a Eurocidade Cerveira-Tomiño ten vindo a afondar e a consolidar as relacións institucionais, a través dunha programación e xestión conxunta, e coa participación de máis de 10.000 persoas nas distintas accións e actividades organizadas con vista á formulación de solucións comúns para problemas comúns.   

 Para a conclusión do proxecto, o vindeiro 23 de outubro terán lugar as II Xornadas Amizade Cerveira-Tomiño, no Auditorio do CAE (Centro de Apoio ás Empresas en Vila Nova de Cerveira), co propósito de realizar un balance dos resultados acadados, mais tamén reflexionar sobre o futuro da cooperación transfronteiriza.   

 Dado o actual contexto de pandemia Covid-19, e co fin de cumprir con todas as medidas de seguridade, a realización do evento terá formato mixto, lanzando a través deste convite a posibilidade de asistir presencialmente á sesión da tarde, que empezará ás 14.15h (hora portuguesa), segundo o programa previsto. Salientamos o debate "Europa sen fronteiras: O papel da cooperación transfronteiriza na consolidación do proxecto europeo" (17.00h).  

 Entre as autoridades convidadas están a presidenta da Deputación de Pontevedra (Carmela Silva), o presidente da CIM Alto Minho (José Mª Costa) e o presidente da Xunta de Galicia (Alberto Núñez Feijóo); estes dous últimos aínda sen confirmar.   

 Polas circunstancias excepcionais que vivimos, o Auditorio ten aforo limitado, polo que é imprescindible confirmar asistencia até o día 19 de outubro incluído, no enderezo: comunicacion@tomino.gal   

* No caso de agravamento das medidas de prevención da Covid-19, o evento poderá ser realizado exclusivamente de forma virtual.  

II XORNADAS AMIZADE CERVEIRA-TOMIÑO 

Programa provisorio 

Centro de Apoio ás Empresas. Vila Nova de Cerveira 

23 outubro 2020  

11.00 h - Sesión de Apertura 

João Fernando Brito Nogueira – Presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira 

Sandra González - Alcaldesa de Tomiño  

11.15 h - AXENDA ESTRATÉXICA PARA A COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA AMIZADE CERVEIRA-TOMIÑO: BALANCE E RESULTADOS DO PROXECTO  

Visión global: Sónia Antunes e Xabier Macías, Eurocidade Cerveira-Tomiño 

Orzamento Participativo Transfronteirizo OPT: Escola Gallaecia/ANPAS 

Valedoría da CidadaníaTransfronteiriza: Zara Pousa e Maria de Lurdes Cunha 

Dinamización da economía local: Sector agrario, flor e planta ornamental (acuBam); Turismo (Goreti Silva IPVC)  

Apoio de vídeo e pósters de actividades en exposición paralela (Deporte para todas as persoas, Benchmarking, Comunicación, Plataforma servizos).  

12.45 h – Pausa 

13.15 h – Presentación do intercambio entre a Eurocidade Cerveira-Tomiño e o Consórcio Bidasoa Txingudi (País Basco – Espanha/Francia) 

13.45 h – Xantar 

15.15 h – Da Carta da Amizade á Eurocidade: revisitar a estratexia de desenvolvemento da cooperación transfronteiriza Cerveira-Tomiño 

Ruben Lois, Profesor Universidade de Santiago 

Fernando Nogueira, Presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira 

Sandra González, alcaldesa de Tomiño 

15.45 h - COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA NO HORIZONTE 2030 

- A Estratexia Común de Desenvolvemento Transfronteirizo Portugal – España. Isabel Ferreira, Secretaria de Estado da Valorização do Interior do Governo Português 

- Plano de Investimentos Conxuntos da Euro-Rexión Galiza-Norte de Portugal (PIC), Comunidade de Traballo Galiza-Norte de Portugal. Xosé Lago, director da AECT Galicia-Norte de Portugal 

- Estratexia Rio Minho Transfronteirizo 2030. Uxío Benítez, vicedirector da AECT Rio Minho  

Moderador: Valerià Paül, director FCEER  

16.45 h – Pausa  

17.00 h – Debate: Europa sen fronteiras:  O papel da cooperación transfronteiriza na consolidación do proxecto europeo  

Moderadores: 

Fátima Campos Ferreira, xornalista RTP 

Xabier Fortes, xornalista RTVE  

Autoridades convidadas: 

José María Costa, Presidente CIM Alto Minho* 

Carmela Silva, Presidenta da Deputación de Pontevedra 

Alberto Núñez Feijóo, Presidente da Xunta da Galicia* 

Teresa Ribera, Vice-Presidenta cuarta e Ministra de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico do Goberno de España*  

Ana Abrunhosa, Ministra da Coesão Territorial do Governo Português Elisa Ferreira, Comissária Europeia Coesão  

 

*Por confirmar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario