A Xunta de Galicia destaca o papel dos voluntarios de Protección Civil para garantir unha peregrinaxe segura no Camiño de Santiago
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, avanzou hoxe en comisión parlamentaria que o plan de protección civil de atención ao peregrino adaptarase no Xacobeo 2021 á realidade da Covid-19
O Goberno galego apoia as actuacións das agrupacións dos Camiños e destinou este ano 340.000 euros ao funcionamento das AVPC galegas e nos últimos anos 9 millóns de euros para dotalas de equipamento de emerxencias
Peregrinas facendo o Camiño de Santiago
Foto: X.G.
Foto: X.G.
Infogauda / Galicia
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva,
destacou hoxe a aposta da Xunta por velar pola seguridade dos peregrinos
que percorren os distintos traxectos do Camiño de Santiago, a través
dun plan de protección civil de atención ao peregrino para garantir unha
peregrinaxe segura mediante o apoio ante as posibles situacións de
emerxencia nas rutas xacobeas.
Así o sinalou hoxe no Parlamento
galego durante a resposta a unha pregunta parlamentaria na que anunciou
que este plan adaptarase de cara ao Xacobeo 2021, en consenso coas
entidades locais e as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil
(AVPC), para ter en conta os riscos derivados do coronavirus.
Santiago
Villanueva destacou a colaboración constante e fluída coas agrupacións
de voluntarios de Protección Civil da comunidade, que considera un piar
fundamental para fomentar un Camiño seguro e sustentable. Desde 2017
este plan renovase de forma anual co que apoiar as actuacións das
agrupacións do Camiño Francés, o Camiño Portugués e Vía da Prata.
O
Goberno destinou entre 2017 e 2019 máis de 300.000 euros en axudas para
as actuacións das AVPC que atenden aos camiñantes por cuestións de
protección civil no seu termo municipal e nos concellos limítrofes:
axuda personalizada, traslado de feridos ou primeiros auxilios.
En
concreto, en accións de prevención, promoción, divulgación, información
e socorro contribuíndo á concienciación, información e seguridade dos
peregrinos. As agrupacións traballan en coordinación co Centro de
Atención ás Emerxencias 112 Galicia, ao que informan da súa actividade e
das incidencias nas diferentes rutas, e tamén en colaboración co resto
de corpos de seguridade e servizos de emerxencias. Ademais, atenden
albergues e dan cobertura a grandes eventos e concentracións humanas
que, este ano, debido á crise sanitaria do coronavirus non se
produciron.
Pese a que a pandemia reduciu as aglomeracións e a
afluencia no Camiño, as AVPC galegas centraron o seu traballo en
actuacións relacionadas coa covid-19, como o reparto de alimentos e
medicamentos, a visita a persoas que viven soas ou a desinfección de
lugares públicos, que supuxeron un total de 90.000 operativos.
No
marco do compromiso da Xunta por manter a seguridade nas rutas xacobeas,
o Goberno galego editou a Guía de Emerxencias para a peregrinación
polos camiños de Santiago -editada en castelán, galego e inglés-
distribuída polas AVPC dos Camiños, que recolle consellos prácticos,
medidas de autoprotección e información en caso de emerxencia.
Ademais
dos convenios para prestar atención no Camiño de Santiago, a Xunta
tamén apoia ás AVCP nos seus gastos de funcionamento cunha liña de
axudas que este ano acadan 340.000 euros. O Goberno galego tamén lles
cede equipamento de emerxencias, que nos últimos anos supuxo un
investimento de máis de 9 millóns de euros. Ademais, ofértalles
formación a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).
Ningún comentario:
Publicar un comentario