16 de set. de 2020

O BAIXO MIÑO

Galiza e Portugal contra a mineraçom

O vindeiro sábado 19 de setembro ás 11h (10h portuguesas), na Ponte Internacional da Amizade que une Vila Nova de Cerveira con Tomiño

Ponte da Amizade
Foto: C.S. Fuscalho
 

Centro Social Fuscalho / O Baixo Miño

 Este sábado galeg@s e portuguesas/es juntaremo-nos na Ponte da Amizade para fazer um ato simbólico contra mega-projeto mineiro previsto para a Serra da Arga. Será às 11h nossas, 10h portuguesas. Por isto, pregamos-vos encarecidademente a assistencia de todos os medios de comunicaçom, para dar-lhe a máxima difussom possível, e que esta mina nom destrua a Serra da Arga, nem ningumha outra serra portuguesa ou galega. O ato é aberto a toda a gente que se quiger achegar. Aqui o manifesto: 
  
Xuntémonos este sábado na Ponte da Amizade!  

 O vindeiro sábado 19 de setembro ás 11h (10h portuguesas), realizaremos na Ponte Internacional da Amizade que une Vila Nova de Cerveira con Tomiño un acto simbólico de unión entre as poboacións e os concellos unidos por esta ponte. A acción consistirá en despregar unhas pancartas en sinal de protesta contra o proxecto mineiro que o Estado Portugués pretende implementar na Serra da Arga e que, de producirse, podería por en risco o desenvolvemento sostible e o futuro de toda esta rexión.  

 A iniciativa do sábado decorrerá sobre o río Miño, “o río que nos une”, e é co-organizada polo Movimento SOS Serra da Arga, por Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM), polo Centro Social Fuscalho e por A Jalleira (Asociación Forestal e de Educación Ambiental), co apoio de representantes dos concellos de Vila Nova de Cerveira e Tomiño, onde mostrarán o seu apoio a esta causa.  

Organigrama:  

 Quedada no aparcadoiro que hai na rotonda de Goián  ás 10:30h para ir camiñando ata a metade da ponte, lugar no que se realizará o acto simbólico.

  Prégase manter as distancias de seguridade entre os grupos, evitando calquera tipo de aglomeración.

Ningún comentario:

Publicar un comentario