Escola Infantil Municipal
· O Concello informa dos prazos para solicitar praza do curso 2020/21
Acceso principal á escola infantil municipal de A Guarda
Foto: C.A.G.
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O departamento de Servizos Sociais do Concello de A Guarda informa da apertura do prazo para solicitar praza na Escola Infantil Municipal para o vindeiro curso 2020/21.
O prazo de presentación de solicitudes na oficina do rexistro do Concello, estará aberto, en horario de 10:00 a 13:00 horas, do 11 ao 22 de maio para nenos/as matriculados e con praza no curso anterior (2019/2020), e do 25 de maio ao 5 de xuño para nenos/as de novo ingreso.
A escola infantil municipal de A Guarda é un centro de atención diurna de carácter socio educativo para os nenos e nenas de 3 meses a 3 anos de titularidade municipal.
Entre os seus obxectivos destacan a promoción e o fomento do desenvolvemento integral dos nenos e nenas e a aprendizaxe das habilidades cognitivas e creativas do neno e nena, facilitar a conciliación familiar entre a vida familiar e laboral, facilitar o desenvolvemento de valores individuais e sociais básicos: cooperación, solidariedade, respecto, etc…, lograr un equilibrio afectivo satisfactorio, respectar a singularidade e diversidade de cada menor, entre outros.
As familias interesadas deberán presentar a súa solicitude e a documentación requirida dentro do prazo establecido no regulamento de organización e funcionamento da escola infantil municipal publicado no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, o 9 de outubro de 2009.
A documentación e impresos poderán descargala na web municipal e nas dependencias municipais. Para maior información dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello de A Guarda no teléfono 986 614 507.
Ningún comentario:
Publicar un comentario