29 de maio de 2020

A GUARDA

Entrevista a J. Antonio González Pacheco “Laxeiro”

J. Antonio González Pacheco “Laxeiro”

Proxecto Socheo / A Guarda

Era afeccionado ao cine? Ía moito ao cinema?

 - Non, pouco.

Tiña cámara fotográfica antes de ter cámara de cine?

- Si.

Onde mercou a cámara?

- En Canarias, en Las Palmas, case todas eran de alí, valían a metade de cartos. Trouxen dúas, unha para min e outra para Antonio Bento, de Camposancos.
Tanto a de cine como a de fotos compreinas en Las Palmas.

Alguén lle asesorou?

- Si.

Porque a mercou? 

-Para gravar eventos.

Quen tiña cámaras parecidas? Coñecía a outras persoas da Guarda que tiveran cámara de Súper 8?

- Había poucas. Antonio, e ao menos dúas persoas máis, unha era mariñeiro, pero non lembro quenes eran. Lembro que alguén tiña unha con son pero non sei quen, tal vez Luís. Luís Lomba, Ayón, proxectaba películas que gravaba nunha casa, algunhas tiñan son.

Filmaba sen son?

- Si, sen son.

Que motivos filmou?

- Un pouco de todo; vodas, desfiles, festas, eventos familiares.

Durante canto tempo filmou? En que anos?

A partir do ano 74 hasta máis ou menos o 83-84.

Onde levaba as películas a revelar?

- En Vigo, nunha tenda chamada Vigofoto.

Como facían o visionado das películas?

- Con proxector, e montaba anacos de películas distintas que pegaba con acetona.

Que lle dicía a familia?

- Nada en concreto. Non lembro.

Aínda ten a cámara e o proxector?

 - Si, conservo as dúas cousas.

Porque non filmou mais?

 - Falta de tempo, tiña que traballar, ía ao mar.

Cantos rolos conforman o seu fondo?

- Ao estar montados varios rolos, non sabería con exactitude, uns 15-20.

Sabe de alguén na actualidade que teña filmacións caseiras como as súas?

 - No sei, supoño que Bento e Luís Ayón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario