29 de maio de 2020

A GUARDA

O Concello contratou persoal 

· Para o Plan Municipal de Compostaxe

Composteiros individuais
Foto: Cedida / Arquivo


Infogauda / A Guarda 

 O Goberno Local que preside o alcalde Antonio Lomba Baz vén de facer público este venres 29 de maio de 2020, que "dende o pasado día 15 de maio o Concello da Guarda conta xa cunha mestra composteira. O Concello contratou a unha graduada en Ciencias Ambientais para coordinar o proxecto municipal de compostaxe. 

 As actuacións que se realizarán a curto prazo ao abeiro deste proxecto a son a implantación da compostaxe individual e dun punto verde para tratar en orixe a fracción vexetal xerada no municipio, co obxectivo de avanzar cara sistemas de xestión de residuos máis sostibles".

Ningún comentario:

Publicar un comentario