O Concello de Tomiño rexistra o doble de solicitudes para o baleirado de fosas sépticas durante o confinamento
O servizo préstase con operarios municipais, dúas veces por semana, martes e xoves, normalmente
Operario e tractor provisto de cisterna para o baleirado de fosas sépticas no Concello de Tomiño
Foto: C.T.
Infogauda / Tomiño
No Concello de Tomiño incrementouse o número de baleirados de fosas sépticas dende a declaración do estado de alarma polo Covid-19.
Á falta do reconto final que se fará tras o confinamento, rexistráronse 26 baleirados durante o período dos cales 2 foron dobles. Comparativamente, no mesmo período do ano 2019, houbo 15 baleirados; practicamente a metade dos producidos este último mes.
Asemade, durante o período de confinamento rexistráronse 10 novos usuarios, número elevado comparado con outros períodos similares nos que, de media, súmanse de 3 a 5 novos usuarios ao mes. Este incremento produciuse, problablemente, debido á ausencia de outros servicios da baleirado e á maior presenza das persoas nos seus fogares, o que aumenta o gasto e tamén as taréfas de mantenemento das fosas.
O servizo de baleirado préstase con operarios municipais, dúas veces por semana, martes e xoves, normalmente.
O concelleiro de Servizos Públicos, Lois Vázquez, agradece a boa disposición dos operarios municipais que realizan os baleirados, así coma o do técnico de medioambiente, que se ocupa de xestionar a parte administrativa correspondente para a execución dos mesmos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario