A Xunta de Galicia garante o pago e facilita a tramitación das axudas sociais para as persoas que máis o necesitan durante a emerxencia sanitaria
Aboará con normalidade o importe da Renda de inclusión social de Galicia (Risga), a Pensións non contributivas (PNC) e as Axudas de inclusión social (AIS)
As persoas que están iniciando unha solicitude ou que se encontran na metade do trámite terán máis facilidades para facelo
Infogauda / Galicia
A Xunta de Galicia, coa finalidade de
apoiar ás persoas que se atopan nunha situación de vulnerabilidade, vén
de poñer en marcha varias medidas para garantir o pago e a tramitación
da Renda de inclusión social de Galicia (Risga), das Pensións non
contributivas (PNC) e das Axudas de inclusión social (AIS) mentres dure a
emerxencia sanitaria.
Estas medidas están orientadas a
flexibilizar e axilizar as solicitudes de todas aquelas persoas que
teñan que pedir estas axudas ou daquelas que xa están na metade da súa
tramitación. Desta maneira, os solicitantes terán maiores facilidades
para enviar a documentación necesaria, poderán enviala por correo
electrónico, sen ter que facelo de forma presencial.
Para
facilitar a tramitación vaise axilizar tamén o traballo dos servizos
sociais municipais. O informe social que debe realizarse para avaliar a
situación da persoa que solicita axuda poderá facerse por teléfono.
Ademais
disto, aquelas persoas que cumpran o máximo de idade permitida para o
cobro dunha Risga (65 anos), non terán que solicitar a Pensión non
contributiva que reempraza a esta prestación, pois a Xunta garante que
seguirán cobrando a Risga mentres continúe o estado de alarma.
Ningún comentario:
Publicar un comentario