13 de abr. de 2020

TOMIÑO

O CONCELLO COLABORA COA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA EL CÁNCER

Co fin de atender aos veciños e veciñas que poidan necesitar apoio emocional por estar  afectadas polo Covid-19


Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño colabora coa Asociación Española Contra el Cáncer, co fin de atender aos veciños e veciñas que poidan necesitar apoio emocional por estar  afectadas polo Covid-19, ben porque perderon algún membro da súa familia, porque son persoas maiores ou coidadores destas.  

 A canalización, derivación e valoración ten que facerse dende o Departamento de Benestar Social do Concello, polo que as persoas interesadas, poden porse en contacto co citado departamento no teléfono 986 62 32 11, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas, ou a través do correo benestar@tomino.gal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario