O Concello intensifica o apoio ás persoas mais vulnerables durante a pandemia
· No día de hoxe tivo lugar unha nova reunión da Comisión sobre o COVID-19 á que asistiron, de xeito presencial e en liña, todos os membros do Goberno Local así como representantes de Servizos Sociais, GES e Policía Local
· No día de hoxe tivo lugar unha nova reunión da Comisión sobre o COVID-19 á que asistiron, de xeito presencial e en liña, todos os membros do Goberno Local así como representantes de Servizos Sociais, GES e Policía Local
O alcalde Antonio Lomba Baz a funcionarias de Servizos Sociais do Concello de A Guarda que participaron na nova reunión da Comisión sobre o COVID-19
Fotos: C.A.G.
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O executivo municipal do Concello de A Guarda, que preside o alcalde Antonio Lomba Baz vén de facer público que no día de hoxe tivo lugar unha nova reunión da Comisión sobre o COVID-19 á que asistiron, de xeito presencial e en liña, todos os membros do Goberno Local así como representantes de Servizos Sociais, GES e Policía Local.
A tenente de alcalde, Mª Montserrat Magallanes Álvarez e o axente da Policía Local, Pablo Álvarez Álvarez
O concelleiro Miguel Ángel Español Otero na reunión da Comisión sobre o COVID-19 na que tamén participaron, por videoconferencia, a concleleira Fátima Rodríguez Marcos, a secretaria da Corporación Municipal e un representante do GES de A Guarda
Estas reunións veñen celebrándose semanalmente desde o inicio do Estado de Alarma e fundamentalmente teñen como obxectivo buscar solución a problemas e dificultades que van xurdindo co paso das semanas, detectar necesidades da poboación que aínda non están cubertas, así como comunicar e dar conta a todo o equipo dos avances e todas as accións que se poñen en marcha por iniciativa dos distintos departamentos.
Un dos principais focos de atención do Concello da Guarda estivo desde un primeiro momento posto na protección e apoio aos colectivos máis vulnerables perante esta situación, e estanse a levar a cabo todas as accións tendo en conta especialmente a estes colectivos.
Unha parte da sociedade para a que esta situación de illamento está a resultar especialmente dura, é para o conxunto das persoas maiores, especialmente para aquelas que non teñen familia preto ou viven soas.
Xa desde os primeiros días do Estado de Alarma organizouse a través de Servizos Sociais, e en coordinación co Grupo de Emerxencias Supramunicipal, un servizo de realización de compras e entrega a domicilio co fin de evitar que persoas consideradas poboación de risco non se viran obrigadas a saír da casa.
A medida que o estado de alarma se prolongaba, xurdía no Concello a preocupación polas consecuencias a nivel psicolóxico que o confinamento podería estar provocando nestas persoas, xa de por si moito mais vulnerables. Polo que fai uns días púxose en marcha unha iniciativa de acompañamento afectivo a distancia a través da que se está prestando atención personalizada de forma telefónica a persoas que viven soas ou que teñen algunha necesidade. Neste servizo participarán preto de 20 voluntarios e voluntarias, así como técnicos e demais persoal do Concello.
A estas medidas uniuse, desde a pasada semana, unha proposta pola Asociación de Parkinson do Baixo Miño que está a repartir a través do Concello cadernos con actividades de estimulación cognitiva para reforzar a memoria e que se irán colgando para a súa descarga na páxina web do Concello. Para adquirilos en formato papel deberase contactar con Servizos Sociais no teléfono 986 61 45 07, teléfono que tamén estará dispoñible para calquera necesidade da poboación.
Durante os próximos meses, unha vez finalizado o Estado de Alarma, o Concello continuará traballando de igual xeito para seguir apoiando aos máis vulnerables fronte ao COVID.
Isto parámolo se quedas na casa, gracias pola túa colaboración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario