21 de abr. de 2020

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

No confinamento por causa do COVID-19

APLAUSOS E MÚSICA EN DIRECTO

BieitoSolo nunha actuación na Praza de San Amaro (Camposancos)
Foto: Arquivo

José Fernando Martínez Martínez / Camposancos

 En Camposancos, a cita das 20:00 horas, que aplaude o traballo dos sanitarios (e de toda a xente que está axudando a poboación na loita que estamos a sufrir), refórzase coa música en directo.  O músico local BieitoSolo (Bieito Álvarez Carrero), cada día regálalle a toda a veciñanza unha nova canción interpretada en directo dende o seu balcón. Vai facendo unha escolma de estilos, visita tanto a Bossa Nova como o tango, a trova cubana, o bolero, jazz ou pop rock. Sempre con arranxos delicados e intimistas para crear un recuncho de paz. 

 "Saímos, mirámonos, aplaudimos. A música nos acerca. Un sorriso e un ata mañán", comenta unha veciña.  

 Para rematar outro veciño, Enrique Martínez Alonso, fai sonar o "Resistiré"

 Así estamos vivindo estes momentos "cóbado con cóbado", facendo Pobo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario