A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA GARANTE A “XESTIÓN SEGURA” DOS CENTROS DE COMPOSTAXE COMUNITARIA DO REVITALIZA DURANTE A CRISE DO COVID-19
Nos composteiros téñense instalado as recomendacións e precaucións de uso que, como noutros ámbitos, pasan por extremar a hixiene
O
departamento que xestiona o Revitaliza, vén de colocar en
todos os centros de compostaxe comunitaria as recomendacións para evitar
posibles contaminacións cruzadas xa que o sistema da compostaxe
Foto: D.PO.
Infogauda / Pontevedra
Os centros de compostaxe comunitaria (CCC) en uso na provincia ao abeiro do Revitaliza considéranse como “xestión segura” debendo sempre manter as precaucións de uso. Así o indica hoxe a Deputación de Pontevedra nun documento no que se facilitan á cidadanía indicacións de como tratar o lixo nos domicilios durante a crise sanitaria do COVID-19.
O departamento que xestiona o Revitaliza, así mesmo, vén de colocar en todos os centros de compostaxe comunitaria as recomendacións para evitar posibles contaminacións cruzadas xa que o sistema da compostaxe, por si mesmo, ten máis garantías que os sistemas tradicionais. Dende o punto de vista técnico, o asesor Carlos Pérez explica que os virus non soportan temperaturas maiores de 42º - morren nesas condicións- e no caso dos centros de compostaxe alcánzanse temperaturas maiores a 55º sostidas no tempo.
As recomendacións para o uso dos CCC para evitar as contaminacións cruzadas encáixanse nas xenéricas á hora de interactuar nos espazos públicos e son: gardar dous metros de distancia co resto das persoas; o uso de luvas dun só uso e lavar periódicamente as mans; non tocar nariz, boca e ollos, e en xeral extremar a hixiene.
Como xa se anunciou coa declaración do estado de alarma, a Deputación de Pontevedra está a manter en normal funcionamento os centros de compostaxe comunitaria directamente dependentes do Plan Revitaliza xa que supoñen un servizo básico e esencial aínda que particular e diferenciado con respecto a outras localidades. Co fin de garantir a súa correcta actividade estes CCC estanse a vixiar e xestionar de maneira diaria por parte das mestras e mestres composteiros e do persoal técnico responsable de cada zona.
En total, están atendidos pola Deputación 80 CCC pertencentes ao sconcellos de Lalín (1), Cerdedo-Cotobade (1), Vilagarcía (2), Portas (1), Campo Lameiro (1), Barro (1), Ribadumia (2), Caldas (4), O Grove (10), Sanxenxo (1), Redondela (1), Vilaboa (10), Cangas (3), Bueu (2), Ponteareas (2), Mondariz (13), Mondariz Balneario (7), As Neves (5), Gondomar (2), O Porriño (1), Salceda de Caselas (5), Oia (2) e Tui (3).
Para o caso de concellos con CCC non dependentes da Deputación a institución provincial ten aconsellado que se manteñan abertos e atendidos para seguir garantindo o servizo á poboación aínda que sexa con servizos mínimos.
No caso dos composteiros individuais instalados dentro da propiedade particular das persoas usuarias, o Revitaliza está a realizar o seguimento vía telefónica e a realizar as actividades presenciais imprescindibles. Nestos casos, segundo explican os especialistas, as recomendacións son seguir os criterios habituais sempre que non se detecten casos positivos polo Covid.
En relación comanexo domiciliario de residuos de persoas afectadas por Covid-19,dende a Deputación ínstase a seguiras directrices ao respecto contidas nos puntos 1 e 2 do ANEXO da Orde SND/271/2020, baseadas nunha anterior instrucción editada polo MITECO días atrás. Estas explican que os residuos de persoas enfermas débense recoller de maneira xunta, sen separación para a reciclaxe, nunha bolsa plástica que despois deberá ser introducida nunha segunda bolsa pola persoa coidadora con luvas e máscara. Posteriormente ese material debe ser introducido nunha terceira bolsa co resto do lixo xeraldo domicilio e depositada finalmente no colector da fracción resto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario